O Cuarteto Rastrelli chegará a vila guardesa da man do programa O Teu Xacobeo
• Terá lugar o venres 17 de setembro ás 20:00h na Praza do Reló
• Con aforo limitado e inscrición previa. En caso de choiva realizarase nos baixos do concello.
Infogauda / A Guarda
Da man do programa O Teu Xacobeo, o venres día 17 de setembro a Praza do Reló de A Guarda será o escenario dun concerto moi especial: o do Cuarteto Rastrelli, formado por Kira Kraftzoff, Sergio Drabkin, Kirill Timofeev e Misha Degtjareff.
O Cuarteto Rastrelli interpretará na Guarda o programa “De Brahms aos Beatles”, cun repertorio con cancións de recoñecidos artístas coma D. Popper, P. I. Tchaikovsky, E. Grieg, Peer Gynth ou J. Brahms, ademáis de clásicos do “Libro de cancións dos Beatles“ como Yesterday, Sgt. Pepper’s, Lonely Club Band, Things We Said, If I Fell, I Saw Her Standing There, e outros.
O proxecto “Xacobeo Musical polos Camiños de Santiago 2021” é promovido pola Asociación Peregrinos Musicais, en colaboración cos Concellos de Cangas, Cambados, Nigrán, Ribadeo, Lourenzá, Abadín, Sobrado dos Monxes, Tui, O Porriño, Redondela, A Guarda, Pontevedra, Padrón, Sarria, Portomarín, Palas de Rei, Arzúa, Mondoñedo e Santiago, lugares onde se desenrola esta actividade.
Debido ao protocolo covid-19 é preciso inscribirse previamente a través da seguinte ligazón: https://www.woutick.es/evento/1594/entradas-axenda-cultural-a-guarda
As inscricións abriranse unha semana antes do concerto.
En caso de choiva o concerto terá lugar nos baixos da Casa dos Alonso.

Ningún comentario:
Publicar un comentario