17 de set. de 2021

A GUARDA

A unidade móbil de doazóns de sangue visitará A Guarda próximamente

Estará instalada diante do Centro Cultural da vila,  o venres día 1 e o sábado día 2 de outubro. 

 


Infogauda / A Guarda

 A unidade móbil de doazóns de sangue visitará A Guarda no mes de outubro. Este autobús estará emprazado na Rúa Rosalía de Castro (diante do Centro Cultural da vila) o venres día 1 en horario de 10:15 ás 14:00 e de 16:30 ás 21:00 horas e o sábado día 2 de 10:00h ás 15:00h. 

 Grazas ao emprego destas unidades móbiles o Centro de Transfusión de Galicia, intenta facilitar a todos os cidadás o solidario xesto de doar sangue  Sen a implicación de todos é imposible acadar as 500 doazóns de sangue que se precisan cada día nos hospitais galegos. 

 Para doar sangue hai que almorzar, e despois de xantar esperar 2 horas. Non debemos esquecer levar a tarxeta de doazón, DNI ou documento similar. Asemade, debemos informar ao médico da unidade móbil se estamos tomando algún medicamento. 

 Para doar é aconsellable solicitar cita o teléfono gratuíto 900 100 828.

Ningún comentario:

Publicar un comentario