25 de ago. de 2021

O ROSAL

Pandereteiras Tremelique pechará este venres a axenda de verán do Rosal  

A actuación comezará ás 21.00 horas na praza de Fornelos  




Infogauda / O Rosal

 A música de Pandereteiras Tremelique pechará a axenda de verán do Rosal este venres. Os seus ritmos comezarán a soar ás 21.00 horas na praza de Fornelos, e a alcaldesa, Ánxela Fernández, anima a veciñanza a asistir a unha actuación con entrada de balde, pero con aforo reducido. 

 Este espectáculo é o último dos 30 que se fixeron este verán para que veciñanza desfrutara dun lecer variado, de calidade e seguro. Cine, teatro, proxeccións, danza, e actuacións musicais encheron de vida as rúas rosaleiras. A idea era que todos os veciños e veciñas puidesen desfrutar da cultura preto da súa casa, e devolver así o gusto pola arte nunha época tan complicada.  

 Pandereteiras Tremelique é un grupo de seis mozas que cantan e tocan música tradicional co fin de seguir transmitindo parte das nosas raíces culturais. A súa base está no Rosal e o seu nome vén dunha variante de rumba que hai na zona de Covelo e Mondariz. O grupo fixo un vídeo promocional da actuación que se pode visualizar aquí.

Ningún comentario:

Publicar un comentario