31 de ago. de 2021

DEPORTES

O Concello do Rosal felicita a Noé Cortiñas pola súa clasificación para a Eurocopa de Footgolf  

· A alcaldesa, Ánxela Fernández, destaca o traballo do veciño do municipio polo deporte e está segura de que conseguirá grandes resultados  


Noé Cortiñas Brey
Foto: C.O.R.

Infogauda / O Rosal

 O Concello do Rosal quere felicitar ao veciño Noé Cortiñas Brey pola súa clasificación para a Eurocopa de Footgolf que se disputará en Hungría entre o 29 de setembro e o 3 de outubro. A alcaldesa, Ánxela Fernández, aproveita a ocasión para destacar o traballo de Cortiñas polo deporte no Rosal e  afirma que está “segura” de que conseguirá grandes resultados.  

 O Rosal é un dos centros neurálxicos deste deporte en Galicia, en gran medida grazas a labor de Cortiñas. O Footgolf é un é un deporte que consiste nunha fusión do fútbol e o golf, aínda que máis próximo a este último, onde os xogadores golpean un balón de fútbol para introducilo nos foxos no menor número de golpes posible. É relativamente novo, xa que naceu en Holanda en 2009. En Galicia o Footgolf introdúcese no ano 2018, da man de Noé Cortiñas. Un ano despois, no 2019, celébrase o primeiro Campionato Galego na historia do Footgolf, disputándose 10 etapas, das cales 8 xóganse en Galicia (Campo Footgolf As Faias - O Rosal) e 2 etapas en territorio portugués (campo golf de Amarante e no Complexo Turístico Rilhadas de Fafe).

Ningún comentario:

Publicar un comentario