15 de abr. de 2021

SANTIAGO DE COMPOSTELA

Evento en liña 

Foro 

PATRIMONIO E SOCIEDADE 

19, 20 e 21 de abril de 2021 


Consello da Cultura Galega / Santiago de Compostela

 Entre os meses de decembro de 2019 e o mes de abril de 2021, o Consello da Cultura Galega levou a cabo a actividade denominada Foro “Patrimonio e Sociedade”. Trátase dunha acción encamiñada á reflexión e desenvolvemento dunhas liñas estratéxicas arredor da xestión integral do patrimonio cultural na comunidade galega. A través do foro preténdese identificar cales son os intereses que Galicia ten no patrimonio cultural, que simboliza para a comunidade ese patrimonio e, sobre todo, como se debe xestionar. 

 Esta actividade foi promovida pola Sección de Patrimonio e Bens Culturais do CCG. Unha das decisións adoptadas foi apostar pola pluralidade, de maneira que todos aqueles axentes da nosa sociedade que estean implicados na xestión integral do patrimonio ou teñan intereses sociais, culturais e profesionais nel estivesen representados no foro. Deste xeito, as temáticas seleccionadas para a análise estrutúranse en tres mesas de traballo, que contan cunha coordinación asumida por persoas que integran a Sección. Os restantes participantes foron seleccionados entre as seguintes entidades, organismos e axentes: organismos públicos de investigación, universidades e ensino medio, institucións da memoria, academias, administracións públicas, asociacións culturais, industrias culturais e profesionais liberais, sendo un total de 37 profesionais e axentes os que participaron. 

 - Debido á actual situación sanitaria, a participación de público no foro non terá carácter presencial. Os contidos das conferencias e debates poderán seguirse de xeito virtual en directo e sen inscrición previa, a través da nosa web ou da nosa canle de Youtube. A emisión realizarase en aberto polo que calquera persoa pode conectarse libremente en calquera momento. 

- Podes participar enviando as túas preguntas, comentarios ou suxestións a través do correo participa@consellodacultura.gal ou durante o directo no chat da nosa canle de Youtube. 

-Se non podes velo en directo durante o transcurso das sesións poderás facelo en diferido cando desexes. Tdos os contidos permanecerán para as consultas futuras na Mediateca do Consello da Cultura Galega.

 As mesas de traballo e os seus coordinadores/as son as seguintes: 

- Mesa 1: Patrimonio, políticas públicas e normativa legal 

Coordinación: Teresa Nieto Pérez e Cristina Sánchez-Carretero 

- Mesa 2: Xestión patrimonial: conservación, protección e promoción-difusión do patrimonio cultural 

Coordinación: Carlos Nárdiz Ortiz e Iago Seara Morales 

- Mesa 3: Patrimonio, educación, formación e cidadanía 

Coordinación: Rebeca Blanco-Rotea e Juan M. Monterroso Monter

Programa

LUNS, 19 DE ABRIL 

9:30 horas 

Inauguración do Foro 

10:00 horas 

MESA 2 

Experiencias arredor da xestión integral do patrimonio cultural Román Fernández-Baca Casares, exdirector xeral de Belas Artes e do Instituto Andaluz de Patrimonio Histórico e na actualidade é alcaide do Alcázar de Sevilla 

11:00 horas 

Debate 

11.30 horas 

Descanso 

12.00 horas 

Xestión patrimonial: conservación, protección e promoción-difusión do patrimonio cultural 

Conclusións da Mesa 2 do Foro. 

Carlos Nárdiz e Iago Seara 

12.45 horas 

Que xestión patrimonial facemos? 

Mesa redonda e debate 

Iago Seara, Carlos Nárdiz e Román Fernández-Baca 

MARTES, 20 DE ABRIL 

10:00 horas 

MESA 1 

O patrimonio agrario: a construción cultural do territorio a través da actividade agraria 

José Castillo Ruiz, catedrático de Historia da Arte, Universidad de Granada 

11:00 horas 

Debate 

11.30 horas 

Descanso 

12.00 horas 

Patrimonio, políticas públicas e normativa legal. Conclusións da Mesa 1 do Foro 

Teresa Nieto e Cristina Sánchez-Carretero 

12.45 horas 

A transversalidade como principio nas políticas patrimoniais 

Mesa redonda e debate 

Teresa Nieto, Cristina Sánchez-Carretero e José Castillo Ruiz 

MÉRCORES, 21 DE ABRIL 

10:00 horas 

MESA 3 

A dimensión educativa como vector estratéxico na xestión do patrimonio cultural 

Olaia Fontal Merillas, a cargo do Plan Nacional de Educación y Patrimonio (PNEyP) e do Observatorio Nacional de Educación y Patrimonio 

11:00 horas 

Debate 

11.30 horas 

Descanso 

12.00 horas 

Patrimonio, educación, formación e cidadanía 

Conclusións da Mesa 3 do Foro 

Rebeca Blanco-Rotea, Juan M. Monterroso Montero 

12.45 horas 

Gobernanza participativa e educación patrimonial. Paradigmas de futuro Mesa redonda e debate 

Rebeca Blanco-Rotea, Juan M. Monterroso Montero e Olaia Fontal Merillas

Organiza 

Sección de Patrimonio e Bens Culturais 

Consello da Cultura Galega 

Comité organizador 

Rebeca Blanco Rotea Juan M. Monterroso Carlos Nárdiz Ortiz Teresa Nieto Cristina Sánchez-Carretero Iago Seara Morales 

Máis información 

www.consellodacultura.ga

difusion@consellodacultura.gal 

Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal

Ningún comentario:

Publicar un comentario