25 de mar. de 2021

PONTEVEDRA

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA LANZA AS SÚAS AXUDAS 2021 PARA A EDICIÓN DE LIBROS E AUDIOVISUAIS EN GALEGO SOBRE A PROVINCIA DE PONTEVEDRA  

· Nesta convocatoria auméntase o importe das subvencións para publicacións en papel ata 3.000 euros e audiovisuais ata 8.000 euros  

· Mantense a modalidade incorporada o pasado ano para formatos especiais e quedan excluídas as reedicións  

 

                    María Ortega, deputada de Patrimonio e Lingua - Foto: D.PO.

 

Infogauda / Pontevedra

 A Deputación de Pontevedra vén de lanzar as axudas deste 2021 para a edición de libros e audiovisuais en galego sobre a provincia de Pontevedra. As bases da convocatoria serán publicadas –previsiblemente- mañá no Boletín Oficial da Provincia (BOPPO) e as persoas e entidades solicitantes terán un mes de prazo para formalizar a súa petición.   

 A convocatoria deste ano, segundo explica a deputada de Patrimonio e Lingua María Ortega, inclúe algunhas novidades e melloras económicas con respecto ao pasado exercicio: o importe máximo no caso de publicacións en papel pasa de 2.000 euros a 3.000 euros, e os formatos audiovisuais e mixtos pasan de 6.000 euros a 8.000 euros. Mantéñense os formatos especiais –modalidade incorporada en 2020- coma publicacións en braille, audiolibros para persoas con diversidade auditiva ou formatos para persoas con diversidade cognitiva non superarán o importe de 12.000 euros. Outra das novidades é que quedarán excluídas da convocatoria as reedicións de calquera peza editada anteriormente.  

 Estas subvencións concederansedende o Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico e estarán financiadas cunha partida orzamentaria de 55.000 euros. O obxectivo de sacalas adiante, indica a nacionalista María Ortega, é apoiar e colaborar en traballos en lingua galega considerados “de interese para a permanencia, o recoñecemento e a identidade da cultura galega a través do tempo”, nomeadamente de temas relacionados coa provincia de Pontevedra que, ademais, non terían facilmente saída dentro do mundo comercial.     

 Segundo apunta Ortega, como requisitos imprescindibles inclúense a edición exclusivamente en galego eser de interese municipal, provincial ou comarcal e desenvolverse durante o exercicio 2021.   

 Poderán solicitar estas subvencións para a edición de monografías, revistas ou calquera outro tipo de documento de interese, en diferentes modalidades e formatosas entidades xurídicas, colectivos ou particulares, e concederanse segundo os principios de concorrencia competitiva, obxectividade e publicidade.   

 Na modalidade de ‘Ficción’ poderanse subvencionar audiovisuais, banda deseñada (traballos que busquen consolidar produtos innovadores de difícil saída en editoriais privadas ou dedicados a públicos específicos, sempre que o seu contido teña un carácter divulgativo respecto á lingua e á cultura galegas) ou edicións especiais en braille e noutros formatos adaptados.   

 En ‘Non ficción’  valoraranse as edicións de ensaios e estudos que teñan relación con aspectos da provincia, de persoas ou colectivos relevantes desta que teñan incidencia nela e que traten sobre arquitectura e urbanismo, danza, escultura, música, pintura, literatura, cinema e audiovisual, fotografía, banda deseñada, patrimonio (material e inmaterial), memoria histórica democrática, fomento da igualdade entre xéneros, e fomento da normalización da diversidade funcional.  

 As solicitudes de axudas deben presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na Sede electrónica da Deputación de Pontevedra, https://sede.depo.gal.

Ningún comentario:

Publicar un comentario