COMISIÓNS OBREIRAS REALIZARÁ A TRADICIONAL OFRENDA FLORAL NA FOSA COMÚN DE SESTÁS
· Este xoves día 15 de outubro, ás 5 da tarde
Frontispicio cos nomes, apelidos, edades e lugares de procedencia das persoas que están soterradas na fosa común de Sestás (A Guarda)
Foto: Infogauda
Roberto Alonso Ucha* / A Guarda
Este xoves, 15 de outubro, CCOO realizará a ofrenda floral de recordo e homenaxe aos 49 soldados republicanos asasinados e enterrados na Fosa Común do cemiterio de Sestás, na Guarda, un acto que promovemos ao longo dos últimos 30 anos.
No Campo de Concentración de Camposancos concentráronse preto de 5.000 presos, galegos e doutras partes de España, fundamentalmente prisioneiros consecuencia da caída da fronte de Asturias en outubro de 1937; nel estabreceuse o Tribunal nº 1, que presidiu os Consellos de Guerra, que ditou 225 penas de morte, e que levou a cabo 171 asasinatos, dos que forman parte os 49 compañeiros enterrados nesta Fosa Común.
O acto terá lugar ás 5 da tarde na esplanada da entrada ao cemiterio. Posteriormente, a asistencia, en grupos reducidos, pasarán para depositar caraveis vermellos diante do monumento na súa lembranza.
Seguidamente, no Salón de Actos do Casa da Cultura do Concello da Guarda, celebrarase un acto público, no que se procederá á sinatura dun convenio de colaboracion entre a Asociacion para a Recuperación da Memoria Histórica do Campo de Concentracion de Camposancos e a Fosa Común de Sestás, a Fundacion 10 de Marzo de Galicia, a Fundación Juan Muñíz Zapico, de Asturias, e o Sindicato Comarcal de CCOO de Vigo.
O acto pecharase coa intervención do Alcalde da Guarda.
* Secretario xeral do Sindicato de Pensionistas e Xubilados de CCOO de Vigo
Ningún comentario:
Publicar un comentario