6 de out. de 2020

A GUARDA

En relación a asistencia sanitaria na localidade guardesa

O ALCALDE DE A GUARDA FARASE ESCOITAR NO PARLAMENTO DE GALICIA

A proposta de Antonio Lomba Baz, no próximo pleno no Parlamento de Galicia, presentarase unha proposición non de Lei 


Unha imaxe que se repite cada día. Usuarios da sanidade pública, agardando diante da porta principal de acceso ao Centro de A Guarda, a seren atendidos

Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 O Equipo de Goberno Municipal do Concello de A Guarda vén de facer público no día de hoxe, martes 6 de outubro de 2020, un comunicado que dí o seguinte: 

"O alcalde de A Guarda, Antonio Lomba, xa está farto de esperar a que lle dean unha solución o problema sanitario que esta a vivir o concello de A Guarda. 

 Nos últimos meses estáse comprobando como a asistencia sanitaria en A Guarda cada vez é máis precaria, pasando de ter 8 profesionais a 4 na actualidade, que o mes que ven quedarán en 3. Si xa con 8 profesionais era complicado a atención de todos os veciños e veciñas, podedes imaxinarvos como será este servizo con soamente 3. 

 Con todo isto xa se puxera en contacto co anterior Conselleiro de Sanidade o señor Almuiña, que pensou que o ser da comarca entendería a situación e daríalle unha pronta solución. Nada máis lonxe da realidade, posto que despois das últimas eleccións da Xunta de Galicia atopámonos con que un dos poucos Conselleiros que se cambian é o de Sanidade. 

 Por este motivo o 1 de outubro, o alcalde dirixiuse por escrito ao novo Conselleiro de Sanidade Julio García Comesaña para poñer de manifesto, unha vez máis, os problemas de persoal que se veñen producindo no Centro de Saúde e que teñen como consecuencia unha atención deficiente á veciñanza. 

 Un escrito que a día de hoxe non tivo resposta nin solución, converténdose este problema en preocupante o sentirnos no concello coas mans atadas, xa que non podemos facer nada, mais que ver como enferman os nosos veciños e veciñas, sen poder ser atendidos. 

 Antonio Lomba quere recordarlle o novo Conselleiro que A Guarda é un concello no cal tamén hai votantes do PP os cales non entenden como pode ser posible este abandono, e o alcalde de A Guarda fai unha invitación persoal o Conselleiro de Sanidade Julio García para que comprobe in situ a situación da nosa sanidade. É máis, Antonio Lomba tamén quere denunciar que debido a este abandono o PAC moitas veces queda sen ningún profesional para poder atender urxencias, e desexa que non pase nada grave, porque de aquela o único responsable de esta situación sería a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, que nos ten totalmente abandonados a nosa sorte, aproveitando para recordarlle que o PAC de A Guarda atende tamén os concellos lindeiros. 

 O alcalde de A Guarda, o Sr. Lomba, non quere que aquí pase o mesmo que pasou non hai moito no concello da Estrada, e lanza un ultimato a través do seu grupo político, que trala súa petición levarán o próximo pleno do Parlamento de Galicia unha proposta non de Lei para corrixir estas deficiencias. 

 Antonio Lomba que adoita ser un home paciente e conciliador, cree que hai que pórlle solución a este problema de inmediato, xa que despois de conseguir máis de 2.500 firmas de veciños e veciñas, de varias reclamacións por escrito e a través dos medios de comunicación soamente queda espolo no Parlamento de Galicia, a ver si así, podemos garantir un servicio acorde o século XXI para os guardeses e guardesas, xa que a saúde e o principal. Espera que actúen en consecuencia, e agradece desde o concello como alcalde, pero tamén como veciño de A Guarda, o gran sacrificio dos profesionais da medicina que están a traballar en A Guarda e que cada día se ven desbordados.  

 Moitas grazas".

Ningún comentario:

Publicar un comentario