6 de out. de 2020

A GUARDA

Arquitectura en Polispan, de Ramón González González

A Asociación InfoMAXE vén de editar unha publicación a xeito de catálogo-presentación da obra dese autor de Salcidos

 

Portada do libro catálogo-presentación de Arquitectura en Polispan, de Ramón González González, editado por InfoMAXE

Foto: Infogauda

Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda 

 Desde os tempos máis recuados, os seres humanos, guiados por unha forza interior veñen expresando dalgún xeito súas particulares formas de comunicación artística. Certo é, que como en todo, hai quen ten máis destreza, desenvolvemento técnico e gusto persoal, que outros semellantes. En calquer caso, a evolución da Humanidade ten moitísimos exemplos da creatividade das persoas ao longo do devalar dos tempos. E as veces, o legado que coñecemos motiva súa reinterpretación por parte de membros de xeracións posteriores, que partindo do xa coñecido inspíranse nese legado, e a partires desas referencias, recréano segundo uns criterios ben distintos. É algo que vén acontecendo desde as primeiras manifestacións artísticas coñecidas ata as creacións máis vangardistas. Ese fenómeno ténse producido en distintas disciplinas materiais e inmateriais: pintura, escultura, música, danza, arquitectura,... Todas elas - entre outras - poden motivar a que partindo dunha realidade conceptual preexistente, algunhas persoas síntanse motivadas a crear. A asumir novos retos e desafíos. 

 De todo o que antecede pode ser un magnífico expoñente Ramón González González. Un traballador de Salcidos (A Guarda), que ten moi claro que a vida dunha persoa non debe cinguirse aos actos básicos da nosa especie: alimentarse, formarse, producir, reproducirse,... Ademáis desas actividades, necesarias todas elas, para o desenvolvemento de cada un de nós, e por conseguinte do conxunto da sociedade, Ramón ten unha especial querencia pola arquitectura. E máis concretamente pola creación e deseño de obras inéditas, ou en recrear unha idea previa xa coñecida e facela súa. É decir, dándolle súa persoal impronta. 

 Ademáis diso ten asumido o traballo de campo previo, tomando ás medidas do xeito máis ortodoxo, e cando non é posible coñecer á altura dun inmoble, mesmo valéndose de teoremas. E posteriormente acometer a súa reproducción a unha escala moi concreta, que resúltalle na práctica e técnicamente, máis manexable e mesmo máis asumible pecuniariamente. Non debemos esquecer que Ramón González González é un operario por conta allea, que ten que traballar como todo o mundo, para o digno sostemento da súa familia (esposa e fillos) e de sí mesmo.

 Máis a Ramón non lle bota para atrás ningún proxecto, tanto baseado na arquitectura tradicional galega, como na arquitectura civil, indiana, relixiosa,... 

 No seu labor que el denomina xenéricamente "Arquitectura en Polispan" ten reproducido nese material -  Poliestireno expandido - obras de afamados arquitectos, e os resultados son sempre impecables. 

 O feito de utilizar o polispan non lle exonera das dificultades que conleva traballar con un producto de fabricación industrial. Porén, Ramón González, vén acreditando que a dificultade pode converterse en virtude, e para el, a día de hoxe, non hai obstáculo que lle impida trasladar calquer inmoble, por complicado que sexa, a unha escala que lle permita gozar e evadirse sanamente, no proceso de execución da súa obra. E unha vez rematada expoñela individualmente ou xunto con outras creacións da súa autoría. Todo iso para disfrute persoal, como decimos, e por suposto para todas as persoas que desexen admiralas alí onde as expoña.

 Ramón González González xa conta cun percorrido curricular, pois súas obras foron presentadas exitosamente en varios lugares da contorna e ademáis xa ten na súa axenda outras exposicións a desenvolver a curto ou medio prazo. Non o fai con ánemo de lucro, senón porque lle  gusta. E iso, ao noso entender, ten ainda máis mérito.

 Na súa andaina expositiva, Ramón González ten contado co apoio incondicional dos membros da activa Asociación InfoMAXE, que nestes días de outubro vén de editar unha publicación, que ao noso entender trátase dun catálogo-presentación. Nela, ademáis dun texto de Celso Rodríguez Fariñas, que glosa o labor do entusiasta salcidense; recolle tamén 41 fotografías de maquetas de "Arquitectura en Polispan" de Ramón González. Un verdadeiro artista, nado e veciño de Salcidos, que acredita non soio uns valores e méritos persoais, senón que ademáis, pón de manifesto que á vida é algo máis que alimentarse, traballar, descansar e procrear.

 Nosos parabens a Ramón González González pola beleza artística que posúe cada unha das súas obras. Feitas todas e cada unha delas, con moita paciencia, moito agarimo persoal e o apoio do seu núcleo familiar. E sobor de todo, por verdadeiro amor á Arte.

Ningún comentario:

Publicar un comentario