18 de out. de 2025

A GUARDA

Google.maps duplica a ubicación da praza de Avelino Vicente González

  Situándoa - erróneamente - entre as inmediacións da antiga escola da Pasaxe e A Armona


Captura de pantalla de Google.maps, coa ubicación errónea da praza de Avelino Vicente

Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 Don Avelino Vicente González (Salcidos - A Guarda, 4 de outubro de 1859 - Río Piedras (Hato Rey), Puerto Rico,  16 de xaneiro de 1928), foi unha destacada figura na emigración, como o acredita súa condición de promotor e impulsor da Sociedad Española del Auxilio Mutuo y Social,  fundada el 23 de setembro do 1893, na rúa Fortaleza, no Viejo San Juan, e da que foi presidente en 1907, ata que por iniciativa súa foi trasladada a Hato Rey. 

Asemade, foi vice-presidente da Casa de España (1925-1926), con D. Pedro Bolivar. 

Asinada polo rei de España, Alfonso  XIII, recibiu a Gran Cruz da Orde de Beneficencia, de mans do Consul Xeral de España e os presidentes de Casa de España e Casino Español.

Don Avelino Vicente González tivo tamén unha destacada actuación no proxecto de creación do Hospital Casa- Asilo, de A Guarda.

Por iso, con todo merecemento un busto seu - realizado en mármore - preside á entrada principal do hospital que a Sociedad Española del Auxilio Mutuo y Social posúe en Puerto Rico, e en boa hora, no exterior do antigo Hospital Casa-Asilo de A Guarda, un busto de bronce - realizado por Xosé Antúnez Pousa - tamén relembra a don Avelino Vicente González.

 Hai moitos motivos para agradecerlle a don Avelino Vicente seu labor altruista, e o pobo de A Guarda, representado pola súa corporación municipal, acordou oportunamente adicarlle un espazo público coñecido como praza de Avelino Vicente González.

 Dito iso, obviamente de xeito abreviado, porque don Avelino Vicente González merece bastante máis espazo, especialmente para coñecemento das xeracións máis novas; temos que decir - e ese é o motivo deste crónica - que Google.maps, un coñecido servidor de aplicacións de mapas na web, sitúa - erróneamentea praza de Avelino Vicente entre o espazo próximo a antiga escola da Pasaxe e o destacamento da Comandancia Naval do Miño Paseo de Portugal, no barrio da Pasaxe -,  e A Armona.

 A ubicación correcta da praza de Avelino Vicente é - no centro da vila guardesa - ao carón da rúa Concepción Arenal, colindando coas rúas Coéngo Juan Domínguez Fontela, Alcalde Manuel Álvarez Vicente e Ourense. Ubicación que o devandito servidor de aplicacións de mapas na web tamén inclúe. En todo caso, suxerimos que por parte do equipo técnico de Google.maps se proceda a suprimir a ubicación errónea da praza Avelino Vicente, a fin de evitar, na medida do posible, os quebrantos que esa duplicidade de ubicacións poida conlevar para os usuarios dese servidor de aplicacións de mapas na web. E para que a rectificación se leve a bo termo canto antes, suxerimos tamén que o Concello de A Guarda eleve a correspondente comunicación dirixida a Google.maps.

Ningún comentario:

Publicar un comentario