19 de ago. de 2019

A GUARDA

«Arquitectura en Porispán», de Ramón González González

· Máis dunha vintena de maquetas compoñen a exposición que pode visitarse na Casa dos Alonso

No centro da imaxe, Ramón González González, Anxo Lois Baz Vicente e Celso Rodríguez Fariñas, no acto de apertura da exposición  
Fotos: C.A.G

Infogauda / A Guarda

 Na tardiña de onte, a Casa dos Alonso acolleu a inauguración da exposición «Arquitectura en Porispán», na que se presentan varias obras de Ramón González González. A mostra está organizada pola Asociación InfoMaxe coa colaboración do Concello de A Guarda.  

 No acto de apertura Ramón González González, autor das maquetas que se expoñen, fixo unha breve explicación sobre o proceso de elaboración desas obras, contando ademáis coas intervencións do tenente alcalde do Concello de A Guarda, Anxo Lois Baz Vicente e do representante de InfoMaxe, Celso Rodríguez Fariñas.




 Esta exposición conta con máis dunha vintena de maquetas nas que se inclúen, entre outras, as seguintes: Igrexa Parroquial de Santa María de A Guarda, Igrexa Parroquial de San Lourenzo de Salcidos, capela de San Roque, capela de Nosa Sra. das Mercedes, capela de Nosa Sra. da Guía, capela de San Gregorio, capela da Virxe do Camiño, de Rebordáns (Tui), a fachada do Concello do Rosal, o Centro Cultural e Social de A Guarda, etc..

 Ramón González González leva 6 anos realizando estas maquetas empregando principalmente porispán e pinturas, cun minucioso traballo que representa a escala diferentes elementos arquitectónicos da nosa comarca.  

 Esta exposición estará na Casa dos Alonso ata a primeira semana de setembro en horario de 9:00 a 14:00h e de 19:00 a 21:00h os días laborais; e de 19:00 a 21:00h os días festivos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario