CELSO RODRÍGUEZ FARIÑAS CONSTATA IMPACTOS MEDIOAMBIENTAIS NA XUNQUEIRA E RIBEIRA DE SALCIDOS
O concelleiro de Converxencia Galega reclama á intervención das autoridades competentes para aplicar unha solución duradeira
Mosaico de imaxes fotográficas que documentan ás incidencias na zona próxima ao camping de Salcidos
Infogauda / A Guarda
Adxuntando unha reportaxe fotográfica, da cal extraemos algunhas imaxes, o concelleiro Celso Rodríguez Fariñas, do Grupo Municipal Converxencia Galega, no Concello de A Guarda, vén de presentar no rexistro municipal un comunicado mediante o cal "retrata" uns reiterados - e non por iso menos preocupantes - impactos medioambientais nun Lugar proposto de Importancia Comunitaria (LIC), e a súa vez incluído na Rede Natura 2000, que indigna a veciños e visitantes, motivo polo cal o edil demanda das autoridades ou organismos competentes, unha solución duradeira no tempo.
Na súa misiva, Celso Rodríguez Fariñas indica o seguinte:
BAIXADA O CAMPING
Cada dous por tres, cando chove, a conducción de augas negras que van dende a conexión que procede do Concello de O Rosal ata a mesma depuradora, convírtese nun “instrumento” autorizado para esparcir todo tipo de porcalladas alí donde ten unha tapa de rexistro, inundando leiras privadas e vías de uso veciñal, donde aparte dos malos olores, pódese atopar todo tipo de “xoias”. Alí florecen compresas, pañales, preservativos, etc., que xunto cunha boa cantidade de “turullos” casi poden servir de mapa do tipo de cociña que máis se prepara na nosa localidade.
Si temos en conta, que no seu recorrido, pasa durante unha boa distancia por diante do Camping existente na nosa localidade, fai de “tarxeta de presentación” a todos aqueles que nos visitan, e é fácil imaxinar o que pasa polo seu pensamento ante esa “paisaxe”.
Non é factible que un concello que polo menos de “boquilla” fala de convertirse nunha localidade turística de referencia, donde o Equipo de Goberno do PSOE presume de bandeiras e placas de recoñecemento que xa é case imposible recordar, sendo sabedores desta problemática, non botan mans a obra, e proceden a darlle un arranxo definitivo a este asunto que se repite permanentemente cada vez que temos máis dun día de chuvia.
Dende CONVERXENCIA GALEGA, queremos facer público a pasividade, deixadez e abandono a que está sometida esta zona, que non só provoca unhas imaxes de impacto a calquera que pase polo lugar, senón tamén son un perigo a quen circule por alí, donde vai atoparse cunha nova experiencia facendo “augaplaning” con vistas o río Miño, senón que pasa por unha zona indecente, insalubre e de risco contaminante.
Dicen que unha imaxe vale máis que míl palabras, polo que acompañamos este escrito cunha serie de fotografías, para que ninguén poña en dúbida as nosas reclamacións e interveñan as autoridades que corresponda para aplicar unha solución que dure no tempo e non se volva a repetir esta situación vergoñenta.
A Guarda, 17 de agosto do 2020
Celso R. Fariñas
Concelleiro de CONVERXENCIA GALEGA
Ningún comentario:
Publicar un comentario