A Guarda acollerá o V Campionato Galego Inclusivo Slalom de Motonáutica
O sábado día 22 de agosto, a partires das 11:00 horas no porto da localidade
De esquerda a dereita; Mª Montserrat Magallanes, Antonio Lomba, José Fernández, Carlos Estévez e Marcos Casaleiro
Infogauda / A Guarda
A Casa dos Alonso, en pleno casco antigo da vila de A Guarda, acolleu no día de hoxe, a presentación do V Campionato Galego Inclusivo Slalom de Motonáutica, unha proba deportiva que terá lugar o sábado 22 de agosto a partires das 11:00h no Porto de A Guarda.
No acto de presentación estiveron presentes Antonio Lomba Baz, alcalde de A Guarda; Mª Montserrat Magallanes Álvarez, concelleira de Deportes; José Fernández Prado, presidente da Federación Galega de Motonáutica; Carlos Estévez Gómez, vogal da xunta directiva da Federación Galega de Motonáutica; e Marcos Casaleiro Pousadela, vogal da xunta directiva da Federación Galega de Motonáutica e deportista participante no campionato.
José Fernández Prado, presidente da Federación Galega de Motonáutica, quixo agradecer o apoio do Concello de A Guarda para a realización desta proba deportiva, amosando a boa disposición e colaboración prestada sempre coa Federación.
Carlos Estévez Gómez, vogal da Xunta Directiva da Federación Galega de Motonáutica, explicou que debido á pandemia da Covid-19 a participación vai ser un pouco inferior con respecto a de anos anteriores, agardando chegar aos 10 equipos, cun protocolo especial con uso de máscaras obrigatorio por parte dos participantes e a desinfección da embarcación entre cada exercicio. Tamén explicou que o funcionamento desta proba consiste en facer un percorrido entre boias, recollendo ao inicio unha pelota e facendo o percorrido nun tempo previamente marcado, existen bonificacións e penalizacións que ao final das probas van a outorgar as puntuacións de cada parella ou equipo participante. A proba terá inicio ás 11:00h no Porto de A Guarda e a iso das 14:00h realizarase a entrega de premios, trofeos elaborados pola Asociación Avelaíña.
Mª Montserrat Magallanes, concelleira de Deportes, agarda que o tempo acompañe este vindeiro sábado e que deste xeito aos participantes e o respectable público podan gozar do entorno, da natureza e do mar.
Marcos Casaleiro Pousadela, vogal da xunta directiva da Federación Galega de Motonáutica e deportista participante no campionato, aproveitou a súa intervención para realizar un convite a toda a xente que o desexe a iniciarse no mundo da motonáutica, destacando que é unha experiencia moi boa, unha proba deportiva integradora que axuda ás persoas a achegarse ao mundo do mar e da navegación a motor.
Pechou o acto de presentación Antonio Lomba Baz, alcalde da localidade, quen explicou que nesta época difícil que nos toca vivir, onde é complicado realizar probas deportivas, o Concello de A Guarda estará sempre coa inclusión e co deporte, convidando tamén a toda a xente que o desexe a que empregue a gamela a vela adaptada “A Roncadeira”, para sentir o pracer da navegación, que se poña en contacto co Clube Alagua, que xestiona dita embarcación. Rematou o edil co optimismo de facer este tipo de eventos deportivos, para continuar coas actividades anuais, moitas das cales tivéronse que suspender pola Covid-19.
Ningún comentario:
Publicar un comentario