Novas propostas para esta fin de semana na programación de verán 2020
• Visitas guiadas ao casco urbano, ao Monte Santa Trega, á embarcación Piueiro, música, visitas teatralizadas, probas deportivas, ioga,..., son, entre outras, algunhas das actividades para veciños e visitantes
Infogauda / A Guarda
O Concello de A Guarda continúa apostando por unha programación de actividades para todos os gustos e idades, tendo sempre en conta as medidas de hixiene e seguridade motivadas pola pandemia do covid-19.
Nesta semana a programación, recollida na Axenda de verán 2020, continúa coas visitas á embarcación Piueiro que se repiten os martes e xoves do verán; as visitas regulares ó Monte Santa Trega (de venres a domingo); as visitas de natureza que se sucederán cada domingo e as visitas polo casco urbano, os mércores e xoves de agosto. As inscricións pódense realizar a través da Oficina de Turismo Municipal no 986 614 546 ou no enderezo electrónico aguarda.oficina.turismo@gmail.com
Os venres, sábados e domingos proseguen as visitas guiadas ao Monte Santa Trega. Inscrición previa no MASAT 986 610 504 ou no enderezo electrónico masat@aguarda.es
Tamén continúan esta semana as visitas teatralizadas no Monte Santa Trega, cun notable éxito e que novamente xa colga o cartel de aforo completo para esta semana.
PROGRAMACIÓN
Venres 21
Este venres arranca na Praza de Avelino Vicente (As de Copas) o I Encontro do libro Luso-Galaico da Ribeira do Río Miño. Un evento cultural que terá lugar de xeito simultáneo o venres 21 e o sábado 22 de agosto, nos concellos de Caminha e A Guarda. Actividades en horario de 20:00h a 22:00h (ESP).
Este venres ás
20:00h e coma previa ao concerto que haberá a continuación, realizarase nas pistas deportivas
do Centro Cultural unha exhibición de patinaxe promovida polo Galifornia
Beat. Inscrición previa no Centro Cultural (986 611 850 -
centrocultural@aguarda.es)
Ás 21:00h segunda cita de “Música nos Xardíns” co grupo Ded Routines, nun concerto apadriñado polo Galifornia Beat.
Ded Routines é un dos segredos ocultos da escena subterránea galega. A banda nace en Camposancos na Guarda, bebendo de toda esa tradición rock que pasa por Dead Moon, Scientists, Rowland S. Howard o Big Star, para definir un son realmente persoal.
Tamén este venres ás 23:00h, terá lugar unha nova Noite de Estrelas no Puntal (Camposancos). Inscrición previa na Oficina de Turismo (Praza do Reló), 986 614 546 ou no enderezo electrónico aguarda.oficina.turismo@gmail.com
Sábado 22
Este sábado continúa na Praza de Avelino Vicente (As de Copas) o I Encontro do libro Luso-Galaico da Ribeira do Miño. Actividades en horario de 11:00 a 14:00 h e de 18:30 a 21:30 h.
O sábado 22 de agosto a partires das 11:00h o Porto de A Guarda acollerá o V Campionato Galego Inclusivo Slalom de Motonáutica, unha proba deportiva que contará cunha participación aproximada de 10 equipos.
Ás 20:00 h., a fortaleza de Santa Cruz acollerá o Concerto da Orquesta Clásica de Vigo, sección de corda. Inscrición previa no Centro Cultural (986 611 850 - centrocultural@aguarda.es)
Domingo 23
Ás 10:00 h., Nova cita con “Domingos de natureza e auga”, con diversos percorridos polo litoral guardés. Información e inscricións na Oficina de Trismo 986 614 546 ou no enderezo electrónico aguarda.oficina.turismo@gmail.com
Tamén na xornada deste domingo, ás 10:30 h., na Fortaleza de Santa Cruz terá lugar o evento “Ioga de Verán”, o segundo encontro de ioga ao aire libre para todos os públicos. As persoas interesadas en participar poden ampliar información no Departamento de Deportes do Concello de A Guarda chamando ao 690 928 751 ou contactando en deportes@aguarda.es
Ningún comentario:
Publicar un comentario