O alcalde entregou en Portos de Galicia o proxecto do acceso sur ao Porto de A Guarda
· Outro
tema importante que se puxo sobre a mesa foi a demanda de construción dun dique sur, o que permitiría o uso do porto guardés durante todo o ano
A esquerda da imaxe, a presidenta do ente público Portos de Galicia, que no día de onte recibiu ao alcalde e a tenente de alcalde do Concello de A Guarda
Foto: C.A.G.
Infogauda / A Guarda
No día de onte, xoves 23 de xullo de 2020, o alcalde e a tenente de alcalde do Concello de A Guarda, Antonio Lomba Baz e Mª Montserrat Magallanes Álvarez, respectivamente, foron recibidos por Susana Lenguas, presidenta do ente público Portos de Galicia, con quen mantiveron unha reunión en Santiago de Compostela
No trancurso do encontro faláronse diferentes temas que o concello de A Guarda ten sobre a mesa e que afectan a competencias de Portos.
O tema máis destacado, segundo indicaron os responsables municipais, é o que se refire ao acceso sur ao Porto de A Guarda. Por ese motivo o alcalde entregou o proxecto xunto con informes sectoriais dos que dispón e, unha vez máis, solicitou á presidenta a participación de Portos para sacar adiante esta obra, necesaria para o normal desenvolvemento da actividade portuaria.
A GUARDA DEMANDA UN DIQUE SUR PARA O SEU PORTO
A GUARDA DEMANDA UN DIQUE SUR PARA O SEU PORTO
Outro tema importante que se puxo sobre a mesa foi a demanda da sociedade guardesa de construción dun dique sur de abrigo para o Porto de A Guarda, o que permitiría o seu uso durante todo o ano. Neste sentido, a presidenta comentou que xa existe un documento no que se contemplan diferentes alternativas e se aborda a súa viabilidade. Pola súa parte expresou que na actualidade Portos de Galicia non pode acometer esta obra polo seu elevado custo, ao que o alcalde lle respondeu que a seguirán demandando dada a importancia que tería para a vila esta infraestrutura.
Novas relacionadas:
14 de xaneiro de 2016
A GUARDA
O alcalde e representantes da hostalería guardesa reúnense co Presidente de Portos de Galicia
O rexedor trasladou o devandito ente público as principais demandas do concello de A Guarda
16 de xaneiro de 2020
A GUARDA
A Guarda pide á consellería do Mar un futuro para o seu Porto
• Unha representación veciñal da Guarda, encabezada polo seu alcalde, trasladouse a Santiago a demandar a construción do espigón sur do porto.
Novas relacionadas:
14 de xaneiro de 2016
A GUARDA
O alcalde e representantes da hostalería guardesa reúnense co Presidente de Portos de Galicia
O rexedor trasladou o devandito ente público as principais demandas do concello de A Guarda
16 de xaneiro de 2020
A GUARDA
A Guarda pide á consellería do Mar un futuro para o seu Porto
• Unha representación veciñal da Guarda, encabezada polo seu alcalde, trasladouse a Santiago a demandar a construción do espigón sur do porto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario