O GRUPO MUNICIPAL DO PSdeG-PSOE PROPUXO QUE O CONSULTORIO MÉDICO DE GOIÁN SEXA UBICADO NA “CASA DO SACANA”
· As
concelleiras socialistas móstranse moi satisfeitas de que por fin,
atendan as súas sucesivas peticións da necesidade de cambiar o céspede
do Campo Municipal do Regatiño.
Violeta De Santiago - no centro da imaxe - e Mirta Misa, concelleiras do Grupo Municipal do PSdeG.-PSOE no Concello de Tomiño
Infogauda / Tomiño
O xoves 23 de xullo, cun mes de retraso, segundo refiren desde o Grupo Municipal do PSdeG-PSOE, celebrouse Pleno ordinario no Concello de Tomiño no que se aprobou a adhesión a rede Ágora impulsada pola Deputación de Pontevedra.
No Pleno debatéronse dúas mocións presentadas polo Partido Popular e polo BNG, respectivamente, sobre a sanidade e o consultorio médico de Goián. As concelleiras socialistas renunciaron a presentar unha moción propia datada no mes de xuño e votaron favorablemente a ambas poñendo encima da mesa unha proposta para as futuras necesidades do consultorio de Goián, como é a ubicación do mesmo no inmoble recén adquirido, coñecido como “a casa do Sacana”. Violeta de Santiago e Mirta Misa, concelleiras do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE consideran que é unha ubicación idónea pola súa centralidade e accesibilidade e sin supoñer ningún desembolso extra as arcas do Concello.
Tamén se tratou unha nova modificación de crédito, neste caso para financiar diferentes obras, que as socialistas entenden necesarias. Entre outras figuran a creación dunha aula de estudo na Casa da Cultura na que Violeta De Santiago, voceira socialista, manifestou as súas dúbidas sobre a futura operatividade da mesma así como da distribución dos 50.000€ de orzamento da mesma.
Por outra banda as concelleiras socialistas móstranse moi satisfeitas de que por fin, atendan as súas sucesivas peticións da necesidade de cambiar o céspede do Campo Municipal do Regatiño. Este céspede conta con arredor de 14 anos, superada con creces a súa vida útil, e é causa de lesións continuadas nas xogadoras e xogadores. “Encontrámonos na situación de ter dous equipos ascendidos a Primeira Autonómica e ningún dos dous conta cun campo de fútbol axeitado, pola falta de criterio técnico deste goberno e por non establecer prioridades segundo as necesidades dos terreos de xogo”, afirmou Violeta De Santiago.
Amais, as socialistas presentaron unha moción de reivindicacións do colectivo LGTBI, que foi aprobada por unanimidade.
Asemade, fixeron preguntas sobre o plan de reactivación da economía; polo cambio no proxecto da praza do Telleiro de Figueiró; polo abandono do kiosko do Espazo Fortaleza, no que se investiron 123.000€ de cartos públicos; polas obras no entorno da Fortaleza de Goián, así como, por segunda vez, pola necesidade de contar cunha Ordenanza Municipal que regule os usos das terrazas hostaleiras.
Asemade, fixeron preguntas sobre o plan de reactivación da economía; polo cambio no proxecto da praza do Telleiro de Figueiró; polo abandono do kiosko do Espazo Fortaleza, no que se investiron 123.000€ de cartos públicos; polas obras no entorno da Fortaleza de Goián, así como, por segunda vez, pola necesidade de contar cunha Ordenanza Municipal que regule os usos das terrazas hostaleiras.
Ningún comentario:
Publicar un comentario