24 de xul. de 2020

A GUARDA

“Música nos Xardíns” 

Aposta do Concello pola cultura musical local de A Guarda 

Celebraranse 3 concertos - un cada venres -, ás 21:00 horas,  os días 31 de xullo, 21 de agosto e 4 de setembro, nos xardíns do Centro Cultural da Vila



  
Infogauda / A Guarda

 Dentro do proxecto “Música nos Xardíns”, o Concello de A Guarda, a través da Concellería de Cultura, vén de programar varias actividades para poñer en valor a escena musical e de festivais a nivel local, en consenso coas asociacións culturais da vila. 

 Debido a pandemia do COVID-19, se tiveron que suspender os grandes eventos musicais existentes na vila da Guarda e que enchen de música cada verán diferentes espazos do noso municipio, é por iso, e ante as novas medidas de prevención e distanciamento social, que o concello de A Guarda decidiu apostar por un proxecto no que se representasen aos colectivos que cada ano organizan festivais musicais, pero nun novo formato, “Música nos Xardíns”. 

 Deste xeito, e despois manter varias conversas coas asociacións encargadas da realización destes festivais, decidiuse realizar varios concertos con grupos locais en formato reducido e cun aforo limitado, nos xardíns do Centro Cultural da Vila, actuacións que serán apadriñadas por cada Festival musical. O emprazamento para a realización destes concertos foi elixido entre as asociacións involucradas como o máis axeitado para a súa realización, e terán lugar os días 31 de xullo, 21 de agosto e 4 de setembro ás 21:00h. 

 Neses días, a sala de exposicións do Centro Cultural amosará unha exposición fotográfica titulada “Festivais da Guarda”, con imaxes de varias edicións dos festivais musicais máis significativos que se teñen realizado na vila nos últimos anos. 

PROGRAMA

Venres 31 de xullo 
Concerto de Milhomes ás 21:00h – Concerto apadriñado polo Interlude Fest. 

 Milhomes é un dúo instrumental guardés con influencias de Fu Manchú, The Sword, Kyuss, Napalm Death, Black Sabbath, Immortal, Entombed,...  

Venres 21 de agosto 
Concerto de Ded Routines ás 21:00h – Concerto apadriñado polo Galifornia Beat.

 Ded Routines é un dos segredos ocultos da escena subterránea galega. A banda nace en Camposancos (A Guarda), bebendo de toda esa tradición rock que pasa por Dead Moon, Scientists, Rowland S. Howard ou Big Star, para definir un son realmente persoal.

Venres 4 de setembro 
Concerto de Helen & Shanna ás 21:00h – Concerto apadriñado polo Rock Guardés.

 Cunha forte influencia folk, Helen & Shanna recolle aspectos doutras culturas, con instrumentos tan variados coma o sitar, a trompeta, o violín ou o ukelele. 

 Charla previa de Fernando Rego sobre “Unha historia da música en Galicia. 1952 – 2018”. 

 Para asistir a estes eventos é preciso formalizar unha inscrición previa no Centro Cultural de A Guarda no teléfono 986 61 1850 (en horario de 9:00 a 14:00h) ou no enderezo electrónico centrocultural@aguarda.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario