O DOG publica a orde de axudas dirixida aos concellos galegos para contratar a mulleres vítimas de violencia de xénero
As mulleres que sofren violencia de xénero poden acadar a través deste apoio maior autonomía e independencia económica, así como máis opcións dunha inserción laboral estable para a súa integración plena no ámbito económico e social
As subvencións van destinadas a contratación para a realización de obras
ou servizos de intereses xeral e utilidade social competencia das
entidades locais
Foto: X.G.
Infogauda / Galicia
O Diario Oficial de Galicia
publica hoxe as orde de axudas destinadas ao fomento da contratación de
mulleres que sofren violencia de xénero no ámbito de colaboración coas
entidades locais galegas. Esta convocatoria conta cun orzamento de 1,4
millóns de euros euros financiados no marco do desenvolvemento en
Galicia das medidas recollidas no Pacto de Estado contra a Violencia de
Xénero.
As subvencións desta convocatoria van destinadas para a
realización de obras ou servizos de interese xeral o social, ata un
máximo de 12 mensualidades, para mellorar e facilitar a súa inserción
laboral. A súa finalidade é contribuír a que as mulleres acaden unha
maior autonomía a través da promoción da súa independencia económica e
do seu empoderamento, e reforzar ao mesmo tempo as posibilidades dunha
posterior inserción laboral estable, co obxectivo fundamental de lograr a
súa plena integración na vida económica e social.
A contía da
subvención que se concederá ás entidades locais beneficiarias será, por
cada muller contratada a tempo completo, a equivalente á necesaria para
sufragar durante o período de contratación, as retribucións salariais
brutas totais, incluída a parte proporcional das pagas extraordinarias e
as cotas á Seguridade Social a cargo da entidade empregadora, na mesma
cantidade que a fixada para o salario, segundo convenio colectivo ou
normativa laboral aplicable vixente no momento de formular a solicitude e
acorde coa súa categoría profesional.
Poderán ser beneficiarios
das subvencións previstas nesta resolución os concellos galegos,
mediante solicitude individual ou a través dunha petición conxunta dunha
agrupación ou asociación de concellos, mancomunidades de concellos de
Galicia e consorcios locais de Galicia, constituídos exclusivamente por
concellos, así como as entidades resultantes dunha fusión municipal.
Para poder ser beneficiaria destas axudas a entidade deberá ter cumprido
o requisito de ter remitidas as contas do exercicio orzamentario 2018
ao Consello de Contas de Galicia.
As contratacións polas cales se
conceda a subvención deberán ser para a realización de obras ou servizos
de interese xeral e utilidade social, competencia das entidades locais e
deben ser executados en réxime de administración directa ou polos
organismos, entes ou empresas públicas ás que se encomende a súa
execución. A duración dos contratos debe ser como mínimo de 4 meses e
favorecer a xornada de traballo a tempo completo ou a tempo parcial pero
non inferior ao 50%.
Tamén se fomentará a formación e a práctica
profesional das mulleres contratadas e que a entidade local e a entidade
local beneficiaria terá que designar unha persoa de apoio para a
traballadora ou traballadoras contratadas que actúe como profesional de
referencia no tempo que dure a súa contratación. Os concellos poderán,
pola súa parte, con apoio de persoal técnico da Secretaría Xeral da
Igualdade con formación en xénero.
A presentación das solicitudes
realizarase a través do formulario normalizado disponible na sede
electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde mañá e o da
formalización de contratos por parte da entidade beneficiaria de tres
meses desde a concesión da subvención e antes do 30 outubro de 2020.
Ningún comentario:
Publicar un comentario