10 de xuño de 2020

EMPREGO

A XUNTA DE GALICIA DESTINA 1M€ Á CONTRATACIÓN DE 71 PERSOAS DESEMPREGADAS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA PARA A PREVENCIÓN DE INCENDIOS  

· O Goberno galego apoiará aos concellos do Baixo Miño con 76.108 euros para beneficiar a 5  persoas sen emprego que se dedicarán a levar estas tarefas   

· Esta liña de axudas enmárcase nas políticas de emprego da Administración autonómica e busca mellorar a ocupabilidade dos galegos e galegas e dinamizar o mercado de traballo  

Infogauda / Pontevedra

 A Xunta de Galicia dá un novo paso na súa aposta por fomentar o emprego local e informa da resolución da orde de axuda do Aprol Rural que permitirá que os concellos da comarca do Baixo Miño contraten a un total de 5 persoas desempregadas para desenvolver servizos de interese xeral, en este caso, para previr incendios forestais.  

 A Consellería de Economía, Emprego e Industria destina este ano un total de algo máis de 1M€ para a contratación de 71 persoas desempregadas en 49 municipios da provincia de Pontevedra para a realización de tarefas relacionadas, maioritariamente, coa prevención de incendios nas faixas secundarias definidas pola Lei de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (planificación preventiva, valorización forestal, silvicultura, limpeza de montes ou xestión de biomasa). Como novidade con respecto a anteriores edicións, os concellos rurais de menos de 2.000 habitantes poden contratar a persoas que xa fosen contratadas por un período igual ou superior a 9 meses con cargo a axudas concedidas no ano 2019 pola Consellería de Economía, Emprego e Industria no eido da colaboración coas entidades locais e sen ánimo de lucro.  

 Nesta comarca beneficiaranse 5 desempregados, un en cada municipio (O Rosal, Oia, Tui, Tomiño e A Guarda). En total, a Xunta de Galicia destinará para este fin 76.108,9) euros.  

 Estas medidas, enmarcadas nas políticas de emprego da Xunta, teñen como obxectivo mellorar a empregabilidade das persoas participantes, así como apoiar a integración laboral de persoas vulnerables co obxectivo de dinamizar o mercado laboral galego.

Ningún comentario:

Publicar un comentario