A Deputación de Pontevedra súmase ás accións polo Día Nacional da Lingua de Signos
O Pazo Provincial iluminarase de cor turquesa desde este xoves 11 de xuño ata o vindeiro luns para poñer en valor as linguas de signos e darlles visibilidade
Pazo da Deputación provincial de Pontevedra
Foto: D.PO.
Infogauda / Pontevedra
A Deputación de Pontevedra únese á Organización de Diversidade Sensorial de Galicia, Xoga,
para celebrar o Día Nacional da Lingua de Signos, que ten lugar cada 14
de xuño. Deste xeito, o Pazo Provincial tinguirase de cor turquesa
dende a noite do xoves 11 ata o luns 15 de xuño co obxectivo de darlle
visibilidade as linguas de signos e sensibilizar sobre a realidade das
persoas con diversidade sensorial.
O Día Nacional das Linguas de
Signos Españolas aprobouse en 2014 e desde entón, celébrase cada ano o
14 de xuño xa que xusto ese mesmo día do ano 1936, constituíuse a Confederación Estatal de Persoas Xordas (CNSE).
Este día é unha ocasión para lembrar o papel fundamental que xogan as
linguas de signos para a transmisión de ideas, a relación persoal e
social e o intercambio de coñecemento. Ademais sirve para chamar a
atención do conxunto da sociedade coas persoas con diversidade
sensorial. Así mesmo, serve para lembrar a necesidade de sumar esforzos
para que estas persoas poidan exercer os seus dereitos.
Á
iluminación do Pazo Provincial, a institución sumouse á entrega de
premios do xa clásico concurso provincial "Xoga coas Manciñas", que terá
lugar este venres 12 de xuño. Este ano, debido a situación derivada
pola Covid-19, realizarase nas redes sociais da Deputación de Pontevedra
de forma virtual. Tamén a presidenta da Deputación, Carmela Silva, e as
deputadas provinciais Olga García e María Ortega participan na campaña
iniciada en redes sociais por XOGA coa difusión de vídeos baixo o lema
"Eu amo a lingua de signos".
Ningún comentario:
Publicar un comentario