5 de xuño de 2020

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

Na nova edición de #MiPlayaSinPlásticos 

As praias de Camposancos competirán con outras once praias españolas

• A iniciativa, que conta coa colaboración do aventureiro e presentador Jesús Calleja, busca concienciar á cidadanía sobre a necesidade de manter as costas españolas libres de residuos

• A través dunha votación pública, os cidadáns poderán escoller tres praias de entre 12 seleccionadas ao longo do litoral, para que sexan obxecto dunha xornada de limpeza por parte de voluntarios medioambientais no outono

• Ademais das entidades FSC e a ONG Paisaje Limpio, no acto estiveron presentes autoridades locais dos municipios cuxos enclaves participan no concurso, entre os que se entopaba unha representante da localidade galega de A Guarda


Vista parcial da praia do Forte, en Camposancos (A Guarda)
Foto: Cedida


Infogauda / A Guarda

 As praias de Camposancos (A Guarda) están entre as 12 paraxes costeiras seleccionadas para participar na nova edición de #MiPlayaSinPlásticos. A iniciativa, impulsada por Procter & Gamble (P&G) e Carrefour, en colaboración coa ONG Paisaje Limpio, e que volta a contar co respaldo do aventureiro Jesús Calleja como embaixador; busca concienciar á cidadanía sobre o impacto de tirar residuos nas praias e sobre a necesidade de actuar e tomar decisións para aportar solucións a un problema que nos afecta directamente, como é o cambio climático.  

 Nesta edición, presentada onte xoves, como antesala do Día Mundial do Medio Ambiente - que se conmemora no día de hoxe -, 12 praias competirán por ser as escollidas polos españois para acoller unha xornada intensiva de limpeza por parte de voluntarios medioambientais o próximo outono. Como novidade, nesta ocasión serán tres, en vez dunha, as seleccionadas no concurso de #MiPlayaSinPlásticos, cuxas votacións estarán abertas ata o próximo 31 de agosto nesta ligazón: https://bit.ly/2Mqcsb9

 O acto de arranque, que se ten celebrado por primeira vez en formato en liña, contou coa participación de diversas autoridades locais das comunidades autónomas e municipios cuxos enclaves formarán parte das votacións, entre os que tomou parte unha representante da localidade galega de A Guarda. 

 Durante a presentación, Jesús Calleja lanzou un chamamento aos españois para que, entre todos, preservemos a recuperación que ten experimentado o entorno durante a emerxencia sanitaria. “A naturaleza resurxíu e, agora, debemos manter este regalo. Queremos volver a desfrutar das nosas praias no seu mellor estado e homenaxealas retirando aqueles residuos que aínda existen. A natureza é fonte de vida e benestar, a temos botado moitísimo de menos durante  confinamento e, por elo, temos que coidala e respectala ao máximo”, engadíu. 

 Pola súa parte, Rami Baitiéh, director xeral de Carrefour España, sinalou: “Con esta nova edición de #MiPlayaSinPlásticos queremos reafirmar noso compromiso co medio ambiente, cos nosos clientes e colaboradores. En definitiva, unha acción que nos implica nun gran desafío e que forma parte da nosa política de accións de RSC, da cal vos convidamos a formar parte”. 

 Unha idea que coincide coa transmitida por Javier Solans, director xeral de P&G en España e Portugal, quen sinalou: “A sustentabilidade é responsabilidade de todos e por iso, debemos unir as nosas forzas e crear alianzas poderosas que nos permitan contribuír a resolver este gran desafío. A emerxencia sanitaria fíxonos máis conscientes do valor que a natureza aporta ás nosas vidas. Por iso, debemos traballar para eliminar as pegadas de residuos que aínda existan e evitar novas imaxes das nosas praias cheas de desperdicios e, agora tamén, de obxectos como luvas ou máscaras”. 

Unha fonte de riqueza natural que debe ser preservada 

 As praias de A Guarda que participarán no certame, están situadas no estuario do río Miño, dende o que se pode mirar Portugal. Rodeadas dun fermoso piñeiral, vense afectadas polas mareas, vento e os posibles residuos que arrastra o río a través das súas augas. 

 As marcas e as empresas teñen a oportunidade de axudar aos consumidores a vivir dunha maneira que coide e restaure o planeta a través de compras máis conscientes e hábitos de consumo responsables.   

 Porén, a sustentabilidade e o coidado do noso entorno son retos que so poden ser abordados dende a colaboración de todos os actores que conforman a sociedade. Por elo, este ano, o acto de presentación contou tamén coa presencia de portavoces de Paisaje Limpio e FSC, así como con representantes dos doce municipios aos que pertencen as praias seleccionadas. Todos eles quixeron destacar a importancia deste tipo de iniciativas como altofalante e chamada á concienciación sobre a necesidade de manter limpo o entorno natural. 

Unha iniciativa consolidada entre os españois  

 Tan so tres anos despois da súa posta en marcha, #MiPlayaSinPlásticos tense consolidado como unha iniciativa de éxito e efectiva no ámbito medioambiental. De feito, no 2019 bateu o seu récord de participación ao pechar a edición con 300.000 votos rexistrados e recoller, en so unha xornada de limpeza, máis de 600 kg. de residuos que foron clasificados e categorizados a través da ferramenta MARNOBA, avalada polo Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO). Unhas cifras que poñen de manifesto a crecente preocupación e implicación da cidadanía española en torno á sustentabilidade. 

 A principios de setembro daranse a coñecer as tres praias seleccionadas para ser limpadas de residuos da man de Carrefour, P&G, Paisaje Limpio e centos de voluntarios medioambientais. A nova edición de #MiPlayaSinPlásticos arranca así nunhas circunstancias sen precedentes para continuar concienciando sobre a importancia de manter los espazos naturais costeiros libres de residuos plásticos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario