22 de xuño de 2020

A GUARDA

TRANS MIÑO-LGTBIQ+ ORGANIZA UNHA SERIE DE ACTIVIDADES POLO DÍA ORGULLO LGTBIQ+ 

Baixo o lema “A Guarda é Diversidade”


  
Trans Miño LGTBIQ+ / A Guarda

 Co lema A Guarda é Diversidade, dende a Sección Trans Miño LGTBIQ+ se están planificando unha serie de actividades para a conmemoración do Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+ nos distintos concellos da bisbarra do Baixo Miño. A actividade máis forte será a lectura do manifesto que terá como 1º lema “Traballando pola Diversidade”, escollido pola sección Trans Miño LGTBIQ+, indicando a cantidade de traballo que queda facer cara a obter unha poboación diversa, onde non sexas sinalado por ter unha forma non heteronormalizada de amar, por pertencer a outros colectivos, o incluso por non ter as mesmas capacidades. 

 O Día internacional do Orgullo LGTBIQ+ iniciouse en disturbios de Stonewall (Nueva York, Estados Unidos) de 1969, que marcaron el inicio del movemento de liberación homosexual. Sendo en 1970 cando se crea de forma clandestina o Movemento Español pola Liberación Homosexual (MELH). 

 Dende a sección Trans Miño – LGTBIQ+ se elaborou unha serie de actividades programadas nos distintos concellos da bisbarra do Baixo Miño establecendo as seguintes actividades:



LUGAR
DIAS E HORAS
ACTIVIDADE


Concellos da Comarca do Baixo Miño
Cando sexan os plenarios dos distintos concellos, xa manteremos a información de como se desenrolou esta iniciativa
Solicitude de adesión os distintos Concello da Comarca o manifesto, esta actividade se levara acabo nos distintos plenarios dos concellos
Concello da Guarda
26 de Xuño as 12:00
Lectura do manifesto “Traballando pola Diversidade”
28 de Xuño
Decoración de distintos monumentos no concello da Guarda.


 Sendo a primeira vez que se teña coñecemento, que se elaboran actividades promovidas por unha asociación, o sección de asociación LGTBIQ+, fora da actividade de colocación no balcón do concello da bandeira LGTBIQ+. 

 Dende Asociación Trans Miño queremos poñer en normalidade este día de reivindicación, a través dunhas iniciativas de normalización, que a veces os concellos non entenden ou planifican as costas das asociacións, gastando o diñeiro público tendo a oportunidade de facer outras actividades máis vistosas a coste cero para as arcas municipais.    

Ningún comentario:

Publicar un comentario