Vinte días de espera para unha consulta de atención primaria no Rosal
A Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública do Rosal sinala que “a situación agravarase ao non cubrir as vacacións do persoal e co aumento da poboación no concello durante o verán”
“Convocaranse mobilizacións semanais se a Consellería de Sanidade da Xunta non dá solucións”
Fachada principal e porta de acceso do Centro de Saúde do Rosal
Foto: C.O.R.
Infogauda / O Rosal
Se antes da pandemia - na que aínda nos atopamos, que ninguén o esqueza - todos tiñamos perfectamente claro que á Sanidade Pública é fundamental para o conxunto da sociedade - sobor de todo para ás persoas con menor renta per cápita, que configuran á maioría da cidadanía -; a ninguén se lle escapa que a día de hoxe, logo de haber sido testigos durante tres meses do intenso labor desenvolvido polos profesionais sanitarios de todo o Estado español na loita contra o Covid-19, á Sanidade Pública forma parte intrínseca do chamado estado de bienestar. Con todo, acontece que nen sempre se coñecen os pormenores e a pouco que teñamos unha información directa, é decir, que nos afecte persoalmente ou no noso entorno familiar máis próximo, todo o mundo se decata de que os heroes e heroínas déronno todo, mesmo a súa propia saúde e ata súas propias vidas. Máis hai situacións nas que elas e eles, non teñen potestade para solventar asuntos que son responsabilidade directa do Goberno autonómico, e que xa tiñan longas - e inxustificables - raíces que foron medrando co tempo, deixando á cidadanía sen unha axeitada atención primaria.
A situación do Centro de Saúde do Rosal, é unha boa proba do que decimos. Un exemplo da inacción e da falla de vontade para dar solución a unha problemática que por sí mesma non vai correxirse. Por iso “a Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública do Rosal denuncia a precaria situación na que se atopa o centro de saúde do concello, a falta de persoal e o consecuente deterioro da atención sanitaria, xa que na actualidade a demora nas citas de atención primaria están a ser dunha media de 20 días”. Nunha reunión mantida o pasado 17 de xuño “para analizar a situación que contou coa participación de representantes do Concello, dos grupos políticos, da sanidade pública e das asociacións veciñais, a Plataforma analizou as carencias que presenta o centro de saúde, problemas que se veñen denunciando dende hai tempo que se ven agravado pola falta de persoal sanitario”.
O CENTRO DE SAÚDE DO ROSAL CONTA CON SÓ TRES MÉDICOS

“Na actualidade o Centro de Saúde do Rosal conta con só tres médicos, cando, coas ratios de pacientes recomendadas polas organizacións profesionais e a OMS, debería dispoñer de polo menos catro. Se esta situación xa xera problemas, durante o verán veranse agravados trala decisión da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia de non cubrir as vacacións do persoal, polo que o centro quedará atendido unicamente por dous médicos durante uns meses no que aumenta considerablemente a poboación polo turismo”. A Plataforma recalca que “esta situación fará que se sobrecargue o PAC de urxencias da Guarda”.
Para tentar buscar solucións, “a Plataforma enviará unha solicitude formal á Consellería de Sanidade na que se faga unha relación de todas as carencias que está a sufrir o Centro de Saúde e pedirase a celebración dunha reunión entre a alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández, e o conselleiro, Jesús Vázquez Almuíña, para tratar todas estas cuestións.
En caso de non obter resposta nin solución, a Plataforma convocará concentracións e mobilizacións semanais diante do Centro de Saúde para denunciar de forma pública unha situación considerada inaceptable”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario