22 de xuño de 2020

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

O Concello de A Guarda pídelle a Consellería de Medio Ambiente, da Xunta de Galicia, a mellora do parque da Armona 

O orzamento total para este proxecto ascende a 24.199,33€ IVE incluído

Croquis da zoa de intervención - en cor verde claro - na que o Concello de A Guarda quere realizar o proxecto denominado “Miradoiro Natural do Miño”
Fonte: C.A.G.


Infogauda / Camposancos (A Guarda) 

 O Equipo de Goberno Municipal, que preside o alcalde Antonio Lomba Baz fixo público este luns día 22 de xuño de 2020,  que “o Concello da Guarda vén de pedir a Medio Ambiente da Xunta de Galicia a realización do proxecto de recuperación ambiental do “Miradoiro Natural do Miño”, que contempla unha actuación sobre o espazo do parque da Armona en Camposancos, incluído na Rede Natura 2000

 O proxecto de actuación sobre este espazo permitirá eliminar o aparcamento para vehículos rodados con bolardos de madeira que impidan, ou no seu caso regulen o seu acceso a esta zona, para poñer en valor este espazo como un lugar para desfrute das persoas



Vista parcial da pérgola que había na zona da Armona, e que foi retirada polo Concello de A Guarda
Fotos: C.A.G.
Pormenor da devandita pérgola de madeira


 Asemade, desde Praza do Reló, nº 1 dan conta que o Concello da Guarda vén de retirar recentemente a pérgola de madeira existente neste lugar, xa que se atopaba moi deteriorada polo paso do tempo e constituía un perigo para as persoas. Ademais o proxecto contempla a rehabilitación dunha pasarela de madeira que tamén se atopa deteriorada e que axudará a preservar este entorno natural

 Con todas estas actuacións búscase - tal e como refiren desde o executivo guardés - a preservación desta zona en condicións que permitan ademais a interpretación do entorno natural do esteiro mediante a instalación dun panel de forma que os veciños e os visitantes entendan a importancia de “desfrutar” de forma ordenada e compatible cos obxectivos de conservación, mostrándolles a riqueza da fauna e da flora do esteiro. 

 O orzamento total para este proxecto ascende a 24.199,33€ IVE incluído.

Ningún comentario:

Publicar un comentario