O presidente do Goberno galego visitou hoxe a planta de PSA en Vigo, que está retomando a actividade e recuperará a terceira quenda o 1 de xuño
A Xunta de Galicia e PSA seguen a traballar para facer da planta viguesa a máis competitiva do grupo tras a covid-19
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez
Feijóo, acompañado polo conselleiro de Economía, Emprego e Industria,
Francisco Conde, visitou esta mañá as instalacións de PSA en Vigo
Foto: X.G.
A aposta de xeito constante pola innovación e as medidas de prevención e seguridade adoptadas son clave para seguir reforzando a competitividade da factoría e do conxunto da industria da automoción galega
Galicia posiciónase como un referente mundial no coche eléctrico e no vehículo autónomo, e os modelos K9 e V20 supoñen unha importante carga de traballo para a planta viguesa e a industria auxiliar
Infogauda / Vigo
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez
Feijóo, acompañado polo conselleiro de Economía, Emprego e Industria,
Francisco Conde, visitou esta mañá as instalacións de PSA en Vigo, unha
planta que a Xunta e a compañía buscan converter na máis competitiva do
grupo tras a covid-19.
A aposta constante pola innovación e as
medidas de prevención e seguridade adoptadas son clave para seguir
reforzando a competitividade tanto desta factoría automobilística como
do conxunto da industria da automoción galega. A planta de PSA está
retomando a súa actividade, e así, o vindeiro 1 de xuño recuperará a
terceira quenda de traballo.
Galicia tense posicionado nos últimos
anos como un referente mundial no coche eléctrico e no vehículo
autónomo, e os modelos K9 e V20 supoñen unha importante carga de
traballo para a planta viguesa e para a industria auxiliar. Ademais, PSA
participa en iniciativas que contribúen á dinamización do sector da
automoción e o desenvolvemento de procesos innovadores en todo o tecido
industrial, como son a Business Factory Auto ou o hub de innovación
dixital impulsado por Ceaga.
As diferentes medidas e protocolos
adoptados por PSA no reinicio da súa actividade coordináronse tanto coa
industria auxiliar e de compoñentes, a través do Clúster de Empresas da
Automoción de Galicia (Ceaga), como coa Administración autonómica, a
través do asesoramento técnico do Instituto de Seguridade e Saúde
Laboral de Galicia (Issga).
Cómpre salientar que Galicia conta
cunha das cadeas de valor da industria da automoción máis completa de
Europa. En 2019, o sector alcanzou unha facturación de 9.700 millóns de
euros, un 12% máis, superando os datos históricos do 2007 cando acadaron
os 9.300 millóns de euros.
Ningún comentario:
Publicar un comentario