28 de maio de 2020

TOMIÑO

O Concello de Tomiño felicita aos clubs Goián C.F. e Tomiño F.C. polo seu ascenso a 1ª Rexional  

· Fran Campo fai chegar os seus parabéns tamén ás aficións dos dous equipos, aos corpos técnicos, e aos xogadores, polo seu grande esforzo   



Infogauda / Tomiño

 O Concello de Tomiño quere dar os parabéns polo ascenso de categoría ao Goian C.F. e ao Tomiño F.C.. A concellería de Deportes, que dirixe Fran Campo, quere facer chegar as súas máis sinceiras felicitacións aos clubs de fútbol de Goián e Tomiño, polo seu paso a 1ª Rexional, despois de que a RFGF publicase onte a resolución para dar por finalizada a tempada 2019/2020, coas clasificacións que figuraban a día 14 de marzo.  

 Esto significa que o Goián C.F. e o Tomiño F.C. ao estar primeiro e segundo, respectivamente, nese momento, ascenden, á categoría Primera Autonómica.  

 Dende a concellería, dan tamén os parabéns ás aficións dos dous equipos tomiñeses, aos corpos técnicos, que fixeron un ano excepcional, e especialmente aos xogadores, polo seu grande esforzo, para conducir aos seus clubs a unha categoría acorde coa súa traxectoria.

Ningún comentario:

Publicar un comentario