A Xunta de Galicia e o Norte de Portugal apostan por abrir máis pasos fronteirizos para reactivar a actividade económica
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, reuníronse por videoconferencia co presidente da Comisión de Coordinación e Desenvolvemento Rexional do Norte de Portugal (CCDR-N), Fernando Freire de Sousa
O Goberno galego e a CCDRR-N acordaron realizar unha petición conxunta aos Executivos de España e Portugal para habilitar máis pasos que permitan o tránsito dos traballadores transfronteirizos e de mercadorías
O presidente da Xunta, Alberto Núñez
Feijóo, e o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantiveron hoxe unha
xuntanza por videoconferencia co presidente da Comisión de Coordinación
e Desenvolvemento Rexional do Norte de Portugal (CCDR-N), Fernando
Freire de Sousa
Foto: X.G.
Infogauda / Galicia
O presidente da Xunta, Alberto Núñez
Feijóo, e o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantiveron hoxe unha
xuntanza por videoconferencia co presidente da Comisión de Coordinación
e Desenvolvemento Rexional do Norte de Portugal (CCDR-N), Fernando
Freire de Sousa, para analizar as diferentes liñas de cooperación entre
Galicia e o Norte de Portugal de cara a reactivar a economía na
Eurorrexión.
A Xunta e o Norte de Portugal apostan por flexibilizar de forma gradual os controis fronteirizos debido á particular permeabilidade da “Raia”, á relevancia das eurocidades na recuperación económica e a que a incidencia sanitaria do coronavirus é similar nestas áreas de fronteira. Por iso, solicitarán a través dun comunicado conxunto aos Gobernos de España e Portugal que se habiliten máis pasos fronteirizos a maiores dos dous que existen na actualidade para “evitar que moitos traballadores que cada día cruzan a fronteira teñan que realizar desprazamentos moi longos que nalgúns casos superan os 100 quilómetros”.

O vicepresidente da Xunta sinalou tras o
encontro que, dos 27 pasos fronteirizos existentes entre Galicia e o
Norte de Portugal, só están abertos o que comunica as localidades de Tui
e Valença do Minho e entre Chaves e Verín, que están a concentrar máis da metade
do tráfico entre España e Portugal desde o inicio do estado de alarma.
Aínda que 22 dos pasos corresponden á provincia de Ourense, a maior
parte son de pouco tránsito, e a circulación concéntrase nos cinco da
provincia de Pontevedra.
Así, explicou que da mesma forma que o
Goberno galego vén solicitando a mobilidade entre as catro provincias
galegas debido a que teñen a mesma situación epidemiolóxica, demanda
unha maior permeabilidade dos controis nestas áreas de fronteira para o
tránsito dos traballadores transfronteirizos e de mercadorías.
Na reunión tamén se abordou a necesidade de retomar as relacións económicas e sociais “a ambos lados da fronteira”. Alfonso Rueda anunciou que se deseñará un plan de investimentos transfronteirizos post-covid con tódolos axentes implicados co obxectivo de “identificar as actuacións que precisan máis celeridade neste novo escenario”. No marco deste plan está prevista a celebración dunha reunión no mes de xuño para detectar os elementos claves nos que comezar a traballar.
Desta forma, incidiu na importancia de manter e reforzar esta colaboración entre Galicia e o Norte de Portugal, afianzada durante anos, para afrontar os futuros retos e mellorar a calidade de vida dos veciños que residen a ambos lados da “Raia” e que esa “unión” permita “máis posibilidades de obter financiamento exterior para proxectos de cooperación transfronteiriza”.

No encontro tamén se abordou a
importancia dos proxectos do programa de cooperación transfronteiriza
INTERREG V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020 e analizouse o traballo
da Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de
Portugal (GNP-AECT), que está a atender as consultas dos cidadáns da
Eurorrexión sobre temas sanitarios e laborais e sobre o peche de
fronteiras e controles fronteirizos.

Ningún comentario:
Publicar un comentario