29 de maio de 2020

SANTIAGO DE COMPOSTELA

O Museo do Pobo Galega reabre tras o confinamento o vindeiro martes 2 de xuño

· O  horario será continuado de 11 ás 18 horas de martes a sábado 

· A reapertura inclúe unha pequena mostra titulada A peste, outra vez! 

Museo do Pobo Galego
Foto: M.P.G.


Infogauda / Santiago de Compostela 


 O pasado  14 de marzo o Museo do Pobo Galego veuse obrigado a pechar as súas portas en cumprimento da normativa da sanitaria vixente para espazos públicos pechados. Obriga e responsabilidade co fin de impedir a transmisión do virus Covid-19 e garantir a seguridade do persoal e do público do Museo.   

 Despois de dous meses e medio, o Museo pode volver a abrir as súas portas para o que adoptou unha serie de medidas co fin de garantir o dereito de acceso da cidadanía á cultura. O público visitante deberá ter en conta unha serie de indicacións ao acceder ao Museo, indicacións que terán expostas na entrada da  entidade onde o persoal estará tamén para axudar e responder a calquera dubida e que tamén estarán dispoñibles na páxina web do Museo. A estas indicacións xerais que veñen da normativa sanitaria, o Museo tamén acometeu traballos de sinaléctica e adaptación dos aforos e da circulación para manter a distancia recomendable entre o público visitante.  

 Para adaptarse mellor a nova situación estableceuse un novo horario de apertura con xornada continuada, que vai de 11:00 ás 18:00 horas, e os domingos de 11:00 ás 14:00 horas. Mantense o habitual peche dos luns para o público. Este horario estará en vigor desde o vindeiro martes 2 de xuño, xornada na que a entrada vai ser de balde.   

 O Museo reabre programando a micro exposición titulada A peste, outra vez!. Realizada con fondos propios estará instalada no andar alto do claustro durante os meses de verán. Ademais, o día 9 de xuño volverase a abrir a mostra As pequenas cousas, que viu diminuído o seu tempo de exposición por mor desta pandemia.   

 O acceso á biblioteca e arquivo quedará restrinxido a persoas investigadoras e a atención prestarase preferentemente de maneira telemática. En caso de necesaria atención presencial, será con cita previa.   

 Na web www.museodopobo.gal  pódese consultar toda a información e actividades.

Ningún comentario:

Publicar un comentario