Areeiro insiste na súa recomendación de revisar as viñas polo mildio e intervir de inmediato en caso necesario
· O centro dependente da Deputación de Pontevedra lanzou un novo aviso fitosanitario extraordinario no que destaca que as condicións meteorolóxicas recentes e as previstas son moi favorables á frutificación do fungo e tamén á infección secundaria
Esporulación en follas das viñas
Foto: EFA
Foto: EFA
Infogauda / Pontevedra
A Estación Fitopatolóxica Areeiro,
centro dependente da Deputación de Pontevedra, acada de lanzar un aviso
fitosanitario extraordinario no que insiste na súa recomendación ás
persoas viticultoras para que vixíen de xeito exhaustivo as viñas polo mildio,
xa que as condicións meteorolóxicas da última noite foron moi
favorables á frutificación do fungo e tamén á infección secundaria
debido a unhas temperaturas moi altas, a unha elevada humidade relativa e
a varias horas de humidade foliar, en especial nas estacións do Salnés.
Ademais, a EFA recibiu avisos da aparición de novos síntomas hoxe pese
ás temperaturas tan elevadas dos últimos días.
Por este motivo, o
persoal especialista de Areeiro, tendo en conta tamén que as previsións
meteorolóxicas anuncian certa precipitación nos próximos días, incluso
tormentas locais, recorda que é fundamental vixiar as viñas aínda que
estean protexidas por un tratamento para intervir de inmediato en caso
necesario, xa que os acios están nun período de elevada sensibilidade.
Tamén debido á susceptibilidade da uva neste momento ao oídio, no caso
de tratar as persoas viticultoras deben engadir un funxicida para o
control deste patóxeno.

Ningún comentario:
Publicar un comentario