28 de maio de 2020

OIA

Ante a crise do Covid-19 

Os Socialistas de Oia piden máis axudas para apoiar a pemes e autónomos

A imaxe corresponde a sesión plenaria extraordinaria celebrada no día de hoxe no Concello de Oia a instancia do Grupo Municipal Socialista
Foto: GMS


Infogauda / Oia

 Este xoves 28 de maio de 2020, e a solicitude do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE, celebrouse na Casa do Concello de Oia unha sesión extraordinaria do pleno da Corporación Municipal para tratar as medidas encamiñadas a paliar os efectos económicos da crise do Covid-19 nas pemes e autónomos do municipio. 

 Nesta sesión, o voceiro do PSdG-PSOE de Oia, Gerardo Rodríguez Refojos, botoulle en cara ao grupo de goberno, encabezado pola alcaldesa Cristina Correa Pombal, do Partido Popular, "o ter que convocar un pleno extraordinario para coñecer as medidas adoptadas ata o momento dende o consistorio oiense". 

 "Despois da negativa constante por parte da alcaldesa a adoptar medidas de apoio económico aos sectores do comercio e hostalaría local, chegouse finalmente a un mínimo consenso coa idea de crear un grupo que estude a dinamización dos mesmos, e nos que estarán representados os distintos grupos políticos do municipio e representantes de empresarios e autónomos", afirmou o portavoz socialista. 

 Gerardo Rodríguez reprochou "o nulo apoio por parte da Xunta de Galicia aos concellos, facendo fincapé que só por parte da Deputación de Pontevedra, se ten recibido algo de axuda".

Ningún comentario:

Publicar un comentario