29 de maio de 2020

MOAÑA

IAGO ASPAS E SÚA DONA PARTICIPARON NA PRESENTACIÓN DE MATERIAL DE PROTECCIÓN PARA OS SERVIZOS DE URXENCIAS EXTRAHOSPITALARIAS (061/PAC), DE CANGAS/MOAÑA

· Dunha doazón por importe de varios miles de euros

Na presentación do material adquirido grazas a doazón de Iago Aspas e súa familia, o xogador céltico recibiu unha merecida homenaxe polo seu altruismo
Fotos: Cedidas


Infogauda / Moaña 

 Arredor das 13:30 horas deste venres día 29 de maio de 2020, o Campo de Fútbol Municipal "Iago Aspas", de O Casal (Moaña), acolleu unha pequena, e ao mesmo tempo emotiva, homenaxe ao futbolista Iago Aspas Juncal (Moaña, 1987), xogador do R.C. Celta de Vigo, e a súa dona Jennifer Rueda

 Ademáis do xogador céltico e da súa esposa, o acto tamén contou coa presenza dos representantes dos traballadores dos servizos de urxencias extrahospitalarias (061/PAC) de Cangas / Moaña, os cales agradeceron a doazón - por importe de varios miles de euros -, do material de protección adquirido a cárrego de Iago Aspas e súa familia, e que foi presentado nese evento, para seu uso polo persoal sanitario dos devanditos servizos de urxencias extrahospitalarias. 



Iago Aspas nun momento da súa intervención no acto de presentación do material de protección


INTERVENCIÓN DE ÓSCAR GRAÑA NO ACTO DE AGRADECEMENTO A IAGO ASPAS E SÚA FAMILIA

Bo día a todas e a todos e moitas grazas por asistir.  

 Son Óscar Graña, técnico de Emerxencias Sanitarias e delegado de prevención da base do 061 de Cangas. 

 Acompáñanme: Uxío Figueroa. Tamén técnico de Emerxencias e delegado de prevención de riscos laborais da base do 061 de Moaña. 

 E a Dra. Crespo, responsable do operativo Covid-19 do PAC de Cangas-Moaña. 

 Tras comprobar nos medios de comunicación que o persoal dos Servizos de Urxencias está a recibir axuda de material de protección de distintos colectivos e institucións, entre os que se atopa principalmente o Concello de Moaña.  

 Por aquel entón tiñamos que traballar incluso con material de protección improvisado e non precisamente o mais axeitado. 

 Aspas e a súa familia, contactan con nós o día 15 de abril por mediación da Alcaldesa de Moaña Leticia Santos e se ofrece a colaborar economicamente para adquirir o material de protección que puidésemos necesitar. E ISTO GUSTARÍAME QUE QUEDASE MOI CLARO, SEN POÑERNOS NINGÚN LÍMITE ECONÓMICO, O QUE DA UNHA MOSTRA DA SÚA XENEROSIDADE E SOLIDARIEDADE.  

 Pero Iago e a súa familia propúxonos iso si, un reto: 

- Que o material de protección que conseguísemos tiña que chegar directamente a todo o persoal sanitario dos servizos de emerxencias, sen excepción, que presta servizo a Moaña e Cangas. 

- Que o material debía ser da mellor calidade posible para que todas as veciñas e veciños se puidesen beneficiar da mellor atención que lle puidésemos ofrecer. 

- E que o material, a pode ser, proviñese dalgunha empresa galega.  

 Puxémonos mans a obra e tras 15 días de traballo revisando fichas técnicas e características de produtos conseguimos ter rematada unha lista materias acorde as nosas necesidades e que estivese dispoñible no mercado pese as dificultades de abastecemento actuais. QUE É NINGÚN MOMENTO PRETENDE SUBSTITUIR AS OBRIGAS QUE TEN O SERGAS E AS EMPRESAS CONCESIONARIAS DO 061, pero que facilita enormemente o noso traballo e permite ofrecer unha asistencia de máxima calidade aos nosos pacientes.  

 Tras contactar con varios provedores foron as empresas PEYCAR PONTEVEDRA S.L. e VITMAN SUMINISTROS MÉDICOS DE VIGO as que en menos de un mes conseguiron poñer a nosa disposición o material que estamos a ver e que permitirá que os servizos de Urxencias Extrahospitalarias de Cangas e Moaña sexan probablemente uns dos mellores dotados de toda Galiza para facer fronte a asistencia sanitaria Covid.   

 Puidemos ter conseguido en menos tempo outro material de protección pero decidimos agardar algo máis para poder escoller o mellor, o máis cómodo e o que necesitamos exactamente para o traballo que realizamos.  

 O éxito desta iniciativa é precisamente que é o persoal traballador que o vai utilizar o que decide as características exactas do que necesita e que TODOS E CADA UN DOS PROFESIONAIS SANITARIOS DOS SERVIZO DE URXENCIAS EXTRAHOSPITALARIOS, TANTO DO 061 COMO DO PAC DE MOAÑA E CANGAS RECIBIRÁ POR IGUAL O MATERIAL QUE NECESITA CONFORME AS SÚAS NECESIDADES.  

 Cabe lembrar que a “desescalada social” non vai parella a “desescalada sanitaria”, por chamarlle de algún xeito, e que pese ao descenso do número de casos nós temos que traballar mantendo os mesmos procedementos de traballo que ao principio para non contaxiarnos nós e para non contaxiar aos nosos pacientes. Ademais como todo o mundo sabe, existe unha altísima posibilidade, por desgraza, dun repunte nos casos de contaxio, polo que parte deste material será gardado como reserva en previsión de que isto poida acontecer.

CARACTERÍSTICAS DO MATERIAL ADQUIRIDO 

MATERIAL REUTILIZABLE 
Gafas Panorámicas Antieampañamento - 3M FahrenheitTM Pantalla Antiempañamento certificada - TOMCAT 430 Termómetros dixitais  

MATERIAL FUNXIBLE 
Máscaras de proteccción K95 
Máscaras FFP3             
Máscara cirúrxicas antisalpicaduras con gomas     
Gorros acordeón para pelo longo             
Cubrebotas HP     
Rollos cinta adehesiva americana para selado de puños Batas visita con protección impermeable TYVEK     
Batas visita con protección impermeable cremallera PEYCAR 
Monos lixeiros de protección con capucha de polipropilenotranspirable con certificación CE en varias tallas 

Ningún comentario:

Publicar un comentario