28 de maio de 2020

A GUARDA

A unidade móbil de doazóns de sangue visitará á vila á vindeira semana

· Estará instalada á beira do Centro Cultural, o venres día 5 e o sábado día 6 de xuño  




Infogauda / A Guarda
 A unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará instalada na Guarda o venres 5 e sábado 6 de xuño.  

 Este vehículo estará emprazado na Rúa Rosalía de Castro (a beira do Centro Cultural) o venres día 5, de 10:00 ás 14:00 e de 16:30 ás 21:00 horas e o sábado día 6, de 10:00 ás 15:00h. 

 Grazas ao emprego destas unidades móbiles, o Centro de Transfusión de Galicia intenta facilitar a todos os cidadás, o solidario xesto de doar sangue. Sen a implicación de todos é imposible acadar as 500 doazóns de sangue que se precisan cada día nos hospitais galegos. 

 Todas as persoas que desexan doar sangue deberán chamar ao teléfono gratuíto 900 100 828. O sistema de cita previa reforza os protocolos de seguridade nas unidades móbiles e locais de doazón, e tenta garantir unha afluencia axeitada e ordeada, para cubrir as necesidades de sangue dos hospitais galegos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario