28 de maio de 2020

A GUARDA

A OMIX oferta novos cursos 

· En formato de teleformación 

Infogauda / A Guarda

 Dende a OMIX do Concello de A Guarda ofertan dúas propostas formativas adaptadas a esta nova realidade que estamos vivindo, tendo isto en conta tanto na temática como no formato, tratando de facilitar ao máximo o acceso a mesma. Así os dous cursos serán impartidos mediante teleformación, de tal xeito que dende calquera lugar cun ordenador e conexión a internet, poderase levalos a cabo.  

 Estas dúas primeiras propostas son:  

-Ferramentas dixitais de teletraballo, ferramentas Google suite.    

 O principal obxectivo do curso será proporcionar ferramentas para manexar e coñecer as funcionalidades de Google Suite: Gmail, Calendar, Chat, Hangout, cales son e como funcionan? Documentos, follas de cálculo, formularios, presentacións, almacenamento, pizarra dixital, libreta de notas etc. 

 Esta proposta desenvolverase os días 15 e 17 de xuño de 12 a 13 horas.    

- Redes sociais na procura de emprego: profesionaliza o teu perfil  

 Esta segunda proposta desenvolverase os días 22, 24 e 29 de xuño de 12 a 13 horas   

 En cada unha das xornadas analizaranse as tres redes sociais que se utilizan ou  que teñen máis impacto: 

Primeira xornada: Coñecer o que me aporta Facebook para o meu perfil profesional; reputación dixital, ferramentas, contidos, perfil profesional, perfil personal.
Instagram: razóns polas que debes estar, razóns polas que están as empresas en Instagram, razóns pola que é a rede que máis crece,..., e por último Linkedin: como alternativa aos currículums, desenvolver un perfil en Linkedin axeitado, procura de emprego, redes,…    

 Para inscribirse nestas accións formativas ou obter información, as persoas interesadas só terán que poñerse en contacto coa OMIX a través do teléfono 676 347 890 ou no no enderezo electrónico: informacion@aguarda.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario