9 de abr. de 2020

PONTEVEDRA

A XUNTA DE GALICIA ENVÍA 64.773 NOVAS UNIDADES DE MATERIAL DE PROTECCIÓN A 65 DE CENTROS SOCIAIS DA ÁREA TERRITORIAL DE PONTEVEDRA  

· En total, foron 25.200 luvas, 36.200 máscaras cirúrxicas e 46 batas plásticas, así como diverso material de produtos de desinfección e limpeza 

· Unha partida que se suma á enviada a semana pasada, cando se entregaron un total de 68.190 unidades de material de protección con destino a estes mesmos centros 

Infogauda / Pontevedra

 A Xunta de Galicia vén de enviar 64.773 unidades de material de protección a 65 centros sociais da área territorial de Pontevedra. En conxunto, foron 25.200 luvas, 36.200 máscaras cirúrxicas e 46 batas plásticas, así  como diverso material de limpeza e desinfección como xel hidroalcohólico ou garrafas de desinfectante.  

 Asemade, deste último envío queda pendente a entrega de 2.100 calzas e 700 gorros.  

 Unha partida que se suma á enviada a pasada semana, cando entregáronse un total de 68.190 unidades de material de protección con destino a estes mesmos centros. Deste xeito, repartíronse 24.800 luvas, 39.850 máscaras cirúrxicas, así como batas, mandís e gorros, xunto a botes de xel hidroalcohólico e garrafas de desinfectante.   

 A Administración autonómica reitera que todo o material entregado, cumpre estritamente co procedemento do Ministerio de Sanidade con respecto ao seu uso, foi inspeccionado e está en perfectas condicións para poder ser usado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario