A maior mobilización de recursos, capacidades e persoas de Cruz Vermella na súa historia
Cruz Vermella Española en Baixo Miño lanza o Plan Cruz Vermella RESPONDE frente ao COVID-19 para as persoas en situación de vulnerabilidade e poboación xeral
Un membro de Cruz Vermella Española en Baixo Miño desenvolvendo seu labor na sede de A Guarda
Cruz Vermella Española / O Baixo Miño
Desde o comezo desta crise, Cruz Vermella Española en Baixo Miño asegurou o mantemento dos seus programas esenciais e intensificou a súa actividade coas persoas máis vulnerables ante o COVID-19. Desde a entidade mantemos activos os seguintes programas e servizos:
• Campaña Especial de Seguimento: realizando un seguimento telefónico a 1500 persoas dos nosos programas na comarca, identificadas como especialmente vulnerables ante o COVID-19, para informar, axudar e detectar posibles necesidades.
Por outra banda, as persoas usuarias de Teleasistencia continúan recibindo este servizo de igual modo que antes de que instalase o Estado de Alarma.
• Distribución e entrega de alimentos: deste xeito, as familias en risco de exclusión social verán cubertas as súas necesidades básicas en alimentación, ou o pago de subministracións. Ademais, o noso equipo de voluntariado está preparado e formado para atender os recados e xestionar a compra das persoas máis vulnerables. Ata o de agora entregáronse máis de 4.400 kg de alimentos, ademais da entrega de 13 vales de compra que conteñen alimentos, produtos de hixiene e limpeza. Tamén se efectuou un pago de luz para evitar corte de subministración.
• Produtos farmacéuticos: Os voluntarios recollen a medicación na farmacia das persoas especialmente vulnerables e lévanlla aos domicilios, evitando desta forma a saída dos seus domicilios.
• Cruz Vermella Mocidade: Os menores que habitualmente atendemos desde a área de Cruz Vermella Mocidade seguen recibindo apoio educativo, formativo e de lecer a través do programa de Éxito Escolar de Cruz Vermella, que agora é virtual. Tamén se seguen facendo seguimentos e atendendo demandas. Durante este período acompañaremos a un total de 18 menores.
• Campañas de Comunicación e Sensibilización en todas as nosas canles, poñendo ademais ao dispor de toda a sociedade un Curso Aberto e Gratuíto sobre o COVID-19 desenvolvido por Cruz Vermella, e que a día de hoxe xa foi realizado por 2.427 persoas en toda a provincia.
Ademais, desde Cruz Vermella en 0Baixo Miño xa estamos a formar a novos voluntarios e voluntarias que decidiron unirse á institución para axudar nestes momentos difíciles.
Asemade, desde a entidade mantemos unha estreita colaboración e coordinación co Concello, para atender os casos de extrema vulnerabilidade.
PLAN CRUZ VERMELLA RESPONDE
Cruz Vermella RESPONDE fronte ao COVID-19 para as persoas en situación de vulnerabilidade e poboación xeral, en coordinación con todas as administracións públicas, é un plan concreto de actuación e resposta para os próximos dous meses e que pretende alcanzar a máis de 1.350.000 persoas en toda España cun orzamento estimado de 11.000.000 €, ao que poderá sumarse a todo aquel que queira contribuír, a través da nosa páxina web www.cruzroja.es.
Este plan xa se está materializando grazas aos recursos propios da organización, contribucións a de Administración Pública, empresas e particulares, e máis de 8.000 novas persoas que se ofreceron como voluntarias ata a data.
Con este Plan, Cruz Vermella reforzará os seus mecanismos de resposta en Emerxencias, Saúde e Inclusión Social, e ademais ofrecerá unha resposta integral en todas as súas áreas de Actuación: Socorros, Inclusión Social, Emprego, Saúde, Educación e Medio Ambiente.
As Claves do Plan Cruz Vermella Responde ante o COVID-19:
· Cruz Vermella Responde para que as persoas poidan superar as situacións agudas ou crónicas que poñen en perigo as súas vidas. Dispoñendo de capacidades para facer fronte á emerxencia de distintos tipos e niveis en coordinación coas autoridades competentes en cada caso.
· Cruz Vermella Responde as persoas para reducir as condutas que supoñan risco, mellorar a xestión da enfermidade e contribuír á mellora da saúde.
· Cruz Vermella Responde as persoas que están en risco de pobreza e exclusión para que teñan os recursos necesarios.
· Cruz Vermella Responde para promover a igualdade de oportunidades e, desta forma, quen se atope nesta situación de desvantaxe poidan reincorporarse e acceder ao mercado laboral en igualdade de condicións.
· Cruz Vermella Responde as persoas para promover a Igualdade de oportunidades educativas.
· Cruz Vermella Responde actuando no medio ambiente como factor global, de inclusión social e mellora da calidade de vida dos colectivos máis vulnerables. Cruz Vermella representa o maior movemento humanitario, cidadán e independente do mundo que leva 155 anos colaborando con entidades públicas e privadas para que a humanidade e a dignidade chegue a todas as persoas en calquera lugar.
Cruz Vermella Española pertence ao Movemento Internacional da Cruz Vermella e da Media Lúa Vermella presente en 192 países. Actuando sempre baixo os seus sete Principios Fundamentais: Humanidade, Imparcialidade, Neutralidade, Independencia, Carácter Voluntario, Unidade e Universalidade.

Ningún comentario:
Publicar un comentario