“A MORRIÑA NON TEN BRAZOS PERO APERTA O CORAZÓN”
Campaña de promoción comercial da Asociación Galega de Xerentes de Centros Comerciais Abertos
ADETO / Tomiño
A Asociación Galega de Xerentes de Centros Comerciais Abertos, da que ADETO forma parte, pon en marcha unha campaña de promoción comercial denominada “A MORRIÑA NON TEN BRAZOS PERO APERTA O CORAZÓN”, cos obxectivos de dar a coñecer esta nova asociación, recordar aos nosos clientes que o comercio local está ao seu carón, nestes momentos duros e seguirá estando cando entre tod@s venzamos ao Covid-19 e, como nón, premiar a fidelidade dos clientes do comercio de proximidade, transmitindo unha imaxe de unidade do tecido comercial.
Esta campaña rematará o día 12 de abril e os participantes poderán conseguir un dos 27 vales de compra de 50€ que se sortearán o luns 13 de abril. O vale será para canxear nun dos establecementos asociados ó CCA correspondente da localidade do premiado.
Se queres participar é moi doado:
• Accedes á conta de Facebook da Asociación Galega de Xerentes de CCAS e buscar o post do concurso.
• Compartes o post da campaña de maneira pública.
• Fas un comentario indicando que é o que máis botas de menos do comercio local mediante un texto, un debuxo, unha foto ou un vídeo,
• Indicas a localidade onde che gustaría mercar no caso de gañar algún vale de compra.

Ningún comentario:
Publicar un comentario