A Xunta de Galicia colabora coas farmacias galegas coa posta en marcha da campaña Mascarilla-19 para axudar a posibles vítimas da violencia de xénero
A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella mantivo esta mañá unha xuntanza por videoconferencia con representantes dos Colexios Oficiais de Farmacéuticos das catro provincias galegas
O obxectivo é ofrecer unha canle máis de saída a situacións de violencia no fogar agravado pola etapa de encerro, na que a muller e membros da familia conviven máis estreitamente co agresor
Infogauda / Galicia
A Xunta colabora coas farmacias galegas
coa posta en marcha da campaña Mascarilla-19 para as vítimas da
violencia de xénero, pola cal unha muller pode solicitar axuda cando
acuda a unha das 1.345 farmacias que se atopan en Galicia.
A
secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, mantivo esta mañá
unha xuntanza por videoconferencia cos presidentes dos Colexios Oficiais
de Farmacéuticos de Lugo, Ourense e Pontevedra, Jano Sánchez, Santiago
Leyes e Alba Soutelo e coa vicepresidenta do Colexio de A Coruña, Marga
Muñoz, onde reiterou o apoio do Goberno galego a esta iniciativa xurdida
nos colexios farmacéuticos de Canarias co nome de Máscara-19, sendo
adoptada posteriormente por varias farmacias ao longo da xeografía
española, e nestes días, posta en marcha por Galicia.
O obxectivo é
darlle ás posibles vítimas da violencia de xénero unha canle máis de
saída a situacións violentas no fogar agravadas pola etapa de encerro,
na que a muller e membros da familia conviven máis estreitamente co seu
agresor e non teñen outra forma de pedir axuda. Desta maneira, cando
unha muller acode a unha oficina de farmacia unha vez que empregue o
código “Máscara-19”, o persoal farmacéutico porase de inmediato en
contacto coas forzas e corpos de seguridade do Estado.
Cabe
lembrar que o colectivo farmacéutico formou parte na redacción e
posterior aprobación do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.
Ningún comentario:
Publicar un comentario