A Xunta de Galicia enviará á cidade de Vigo máis de 15.400 máscaras e 30.000 guantes esta semana
No conxunto das sete cidades repartiranse 63.000 mascarillas e 122.000 guantes
A Administración autonómica entregará con este novo envío case 190.000 unidades de protección ás cidades e chegará así ao 100% dos concellos galegos
Os criterios de
reparto están consensuados coa Federación Galega de Municipios e
Provincias (FEGAMP)
Foto: X.G.
Foto: X.G.
Infogauda / Galicia
A Xunta de Galicia repartirá esta semana máis de
45.700 unidades de material de protección na cidade de Vigo. En total,
serán 15.492 mascarillas, 30.000 guantes e 246 traxes. O Goberno xa
repartiu material de protección no 98% dos concellos galegos e esta
semana chegará ao 100% dos municipios cun novo envío ás sete cidades, ás
que distribuirá case 190.000 unidades.
Desta forma, as sete
cidades recibirán nestes días 63.000 mascarillas, 1.000 traxes e 122.000
guantes. Todo o material distribuirase directamente desde a plataforma
loxística que a Xunta vén de poñer en marcha para axilizar o proceso e
centralizar a adquisición e o reparto de equipos de protección
individual durante o estado de alarma e a emerxencia sanitaria polo
coronavirus. Así, levarase o material directamente aos concellos para
evitar desprazamentos.
No reparto, priorizouse inicialmente aos
concellos pequenos e medianos xa que dispoñen de menos recursos. A
Administración autonómica ten previsto que a cifra de unidades de
protección adquiridas directamente pola Xunta e repartidas aos concellos
ascenda a finais desta semana a 685.000, en concreto, 472.000 guantes,
185.000 mascarillas, 12.000 traxes e 16.000 batas.
Os criterios de
reparto están consensuados coa Federación Galega de Municipios e
Provincias (FEGAMP) e realízanse en base a criterios obxectivos tendo en
conta a poboación, o número de casos positivos, o número de efectivos
de Policía, o número de voluntarios de Protección Civil, e o número de
horas do servizo de axuda no fogar.
Con esta medida, Goberno
galego pretende dotar do equipamento necesario ás entidades locais para
que o persoal dos servizos municipais involucrados na loita contra a
expansión do coronavirus e que seguen a traballar como é o caso de
Protección Civil ou os servizos de axuda no fogar para que conten co
material de protección que precisan.
Ningún comentario:
Publicar un comentario