A Xunta de Galicia perfila cos turoperadores galegos as medidas para reactivar o sector e minimizar o impacto da crise do coronavirus
O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, mantivo un encontro por videoconferencia con representantes das principais empresas deste ámbito
Recompilou as súas achegas para deseñar futuras accións de promoción e novos produtos que favorezan a recuperación do sector no curto, medio e longo prazo
O
conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, mantivo un encontro
por videoconferencia con representantes das principais empresas deste
ámbito
Foto: X.G.
Foto: X.G.
Infogauda / Galicia
O conselleiro de Cultura e Turismo,
Román Rodríguez, perfilou cos representantes dos principais
turoperadores galegos as medidas que a Xunta impulsará para favorecer a
recuperación do sector e minimizar o impacto que terá nel a crise
sanitaria provocada polo coronavirus. O encontro enmárcase da rolda de
contactos que o Goberno galego mantén cos distintos axentes turísticos
para avaliar o actual escenario e deseñar accións para facer fronte aos
seus efectos.
Durante un encontro por videoconferencia con
responsables das empresas Abramar, CN Travel, Interrías e Tee Travel, e
na que tamén estivo presente o presidente do Clúster Turismo de Galicia,
Cesáreo Pardal; o responsable de Cultura e Turismo destacou que o
Goberno galego ten en planificación un investimento de máis de 25
millóns de euros para, entre outras medidas, deseñar accións de
promoción unha vez remate a crise, conceder axudas directas ao sector ou
desenvolver novos produtos turísticos.
Precisamente, Román
Rodríguez recompilou as achegas dos principais turoperadores galegos co
obxectivo coñecer as súas necesidades e telas en conta á hora de poñer
en marcha as distintas iniciativas que se porán en marcha para favorecer
a recuperación do sector. Neste sentido, incidiu na necesidade de
manter unha intensa colaboración público-privada para traballar de xeito
conxunto no día despois da crise sanitaria, impulsando medidas de
reactivación no curto, medio e longo prazo.
O conselleiro lembrou
que, desde o comezo da crise, a Xunta estivo en contacto permanente cos
distintos representantes do sector turístico coa finalidade de avaliar
as súas necesidades máis urxentes e perfilar medidas que permitan paliar
o impacto desta situación, tendo en conta que o turismo representa en
Galicia o 10% dos postos de traballo.
Primeiras accións en marcha
Entre
as iniciativas postas en marcha por parte do Goberno galego no eido
turístico destaca o Plan de teleformación a través do Centro Superior de
Hostelería de Galicia (CSHG) que aspira a chegar a máis de 2.000
persoas. Esta acción ten como obxectivo mellorar as competencias os
profesionais do sector a través dunha decena de relatorios interactivos
sobre aspectos como a xestión dixital, a comunicación e o marketing en
liña.
Os dous primeiros cursos celebrados xa esgotaron as súas
prazas e este mes están programados outros oito que permitirán
proporcionar aos participantes ferramentas prácticas de xestión para
dirixir un establecemento de restauración incrementando a calidade dos
servizos prestados a turistas e cidadáns.
Ningún comentario:
Publicar un comentario