A ASOCIACIÓN TRANS MIÑO (DICO TRANS MIÑO-LGTBI), INDAGANDO NA PROCURA DE VOLUNTARIXS
Informa: Trans Miño Colectivo LGTBIQ+ / A Guarda
Baixo o lema CONTIGO SOMOS MÁIS, a Asociación Trans Miño e os seus departamentos DICO e TRANS MIÑO - LGTBIQ+, inician unha nova campaña para a captación de voluntarixs.
Dita campaña esta repartida e enfocada a que toda persoa que este interesada en participar e facer accións de voluntariado, póidaas facer nas distintas áreas que ten a asociación, facéndolles unha pequena entrevista e ofrecéndolles os grupos que máis encaixen, dente do perfil do voluntarix.
Esta campaña vén motivada polos eventos que se están preparando como é o I Festival da Diversidade Trans Miño, e outras máis para o que queda de ano. Se as autoridades nolas permiten, dado que hai actividades de moitas asociacións e mesmo do Concello da Guarda e que por motivo do estado de alarma non se van a poder celebrar, ou se pospoñen para outras datas.
Desde Asociación Trans Miño (DICO, TRANS MIÑO- LGTBIQ+), sempre que se poida optaremos polo traslado das actividades, porque cremos firmemente que unha situación como a que estamos temos que apoiarnos uns a outros e a cultura non se suspende, posponse.
Lxs voluntarix pasarán un pequeno curso e estarán asegurados como marca a lei de voluntariado galego, podendo obter o seu certificado cando decidan terminar a súa colaboración coa asociación.
Para máis información poden chamar ao teléfono da asociación 626 420 874 ou ben se o prefiren escribir un correo á dirección: transminho.lgtbi@gmail.com

Ningún comentario:
Publicar un comentario