Debido a pandemia do COVID-19
ESTE ANO NON SE REALIZARÁN AS TRADICIONAIS ALFOMBRAS FLORAIS NA FESTIVIDADE DO CORPUS
Informa: Asociación Cultural Alfombras da Guarda
A Asociación de Alfombras da Guarda quere a dar a coñecer que este ano, ante a situación na que nos atopamos, non se realizarán as alfombras florais que se confeccionan na festividade de Corpus.
Con motivo da pandemia mundial que estamos a sufrir tamén foron cancelados os talleres de alfombrismo que a asociación tiña organizados nos diferentes centros educativos da localidade. O motivo destes talleres era a posta en valor do alfombrismo, así como a súa promoción para asegurar a súa continuidade no futuro.
Con este mesmo obxectivo, a Asociación Alfombras da Guarda, tentará realizar outras actividades ao longo do ano, sempre que se dean as condicións necesarias para iso.
Ningún comentario:
Publicar un comentario