A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade Ethel Vázquez, trasladou hoxe na Conferencia Sectorial de Transportes a aposta da Xunta por manter a actuación coordinada das Administracións para evitar contaxios e modular no posible o impacto económico
A Xunta de Galicia solicita ao Ministerio de Transportes medidas para garantir o traballo en condicións axeitadas dos transportistas de mercadorías
A conselleira de Infraestruturas e
Mobilidade, Ethel Vázquez, participou hoxe na Conferencia Sectorial de
Transportes convocada polo Goberno de España
Foto: X.G.
O Goberno galego comparte a petición do conxunto de autonomías para que se asegure o acceso a aseos, zonas de avituallamento de comida e aloxamento aos profesionais que realizan este servizo esencial
As comunidades solicitan unanimemente o establecemento dun protocolo sobre a necesidade de uso e distribución de mascarillas entre os sectores profesionais
A Xunta informa de que as medidas de limitación do transporte público reduciron un 80% os servizos e se produciu un descenso de preto do 90% da demanda
O Ministerio matizará que nos vehículos de traballo relacionados con actividades non suspendidas, como é o caso das obras públicas, poden ocuparse unha praza de cada fila
Infogauda / Galicia
A Xunta de Galicia solicitoulle hoxe o
Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana que se adopten as
medidas necesarias para facilitar o traballo en condicións axeitadas dos
transportistas de mercadorías. A conselleira de Infraestruturas e
Mobilidade, Ethel Vázquez, participou hoxe na Conferencia Sectorial de
Transportes convocada polo Goberno de España, na que trasladou a aposta
de Galicia por manter unha actuación coordinada de todas as
administracións para evitar contaxios do COVID-19 e modular na medida do
posible o impacto económico derivado do estado de alarma e da
emerxencia sanitaria.
Na xuntanza, a Xunta de Galicia e a practica
totalidade dos representantes autonómicos compartiron a petición de que
se artellen medidas para asegurar o acceso por parte dos profesionais
que realizan o servizo esencial do transporte de mercadorías a aseos en
boas condicións, zonas de avituallamento de comida e aloxamento.
A
conselleira de Infraestruturas trasladou, ademais, a necesidade de
aclarar as medidas necesarias para evitar contaxios entre os
profesionais do transporte de mercadorías e pasaxeiros, incluído o
sector do taxi, así como nas obras públicas.
Nese sentido, as
comunidades solicitaron unanimemente ao Goberno de España o
establecemento dun protocolo sobre a necesidade de uso e distribución de
mascarillas entre os sectores profesionais.
En relación co
transporte público, a Xunta informou de que as medidas de limitación do
transporte público adoptadas reduciron de forma efectiva un 80% os
servizos e se produciu un descenso de preto do 90% da demanda.
En relación coas obras públicas, en tanto en canto se trata de actividades non suspendidas pola declaración do estado de alarma, a Xunta deu conta de que na actualidade está activo aproximadamente o 80% das obras dependentes da administración autonómica, que ditou a instrución de aplicar nas mesmas as medidas de prevención de contaxios e os protocolos sanitarios establecidos.
En resposta á preocupación do sector das
obras públicas, o Ministerio aclarou que nos vehículos de traballo
relacionados con actividades non suspendidas, como é o caso, poden
ocuparse unha praza de cada fila.
Ningún comentario:
Publicar un comentario