A Xunta de Galicia comezará a instalar biombos de metacrilato nos rexistros civís dos partidos xudiciais galegos
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou hoxe por videoconferencia na comisión de seguimento do coronavirus do TSXG, onde se acordou tamén modificar os servizos mínimos para reducir o persoal da Administración de Xustiza que está a traballar de forma presencial
O Goberno galego repartirá unhas 700 mascarillas ao persoal das gardas, dos servizos comúns de notificacións e embargos, xulgados de paz, servizos de atención á vítima e rexistros civís
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, na
segunda reunión por videoconferencia da comisión de seguimento da crisis
sanitaria do coronavirus do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia
(TSXG)
Foto: X.G.
Infogauda / Galicia
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda Valenzuela, avanzou hoxe durante a
segunda reunión por videoconferencia da comisión de seguimento da crisis
sanitaria do coronavirus do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia
(TSXG), que o Goberno galego levará a cabo ao longo desta semana a
instalación de biombos de metacrilato nos rexistros civís dos partidos
xudiciais da nosa comunidade co obxectivo de evitar o contacto entre
traballadores e usuarios.
Durante o encontro, no que tamén
participou o director xeral de Xustiza, Juan José Martín, a Xunta
anunciou ademais que desde mañá se repartirán unhas 700 mascarillas
lavables e confeccionadas en Galicia destinadas ao persoal destinado ás
gardas, servizos comúns de notificacións e embargos, xulgados de paz,
servizos de atención á vítima e rexistros civís. Este material únese aos
guantes e ao xel hidroalcohólico que o Goberno galego xa está a
distribuír en tódolos servizos con atención ao público como é o caso
tamén dos xulgados.
Por outra parte, a Administración autonómica
modificará os servizos esenciais nos xulgados e tribunais galegos debido
á evolución do COVID-19. Así, a Xunta reducirá o número de funcionarios
da Administración de Xustiza que ata agora estaban a cubrir estes
servizos mínimos de forma presencial para atender as dilixencias
urxentes, tal e como se acordou hoxe na comisión de seguimento.
Redución de persoal funcionario
Desde
a entrada en vigor da orde, cuxa publicación está prevista para hoxe,
os xulgados de garda atenderán as causas con preso doutros xulgados de
instrución ou mixtos dese partido xudicial, polo que xa non será preciso
a presenza de ningún funcionario nestes órganos.
Nos xulgados de
Violencia sobre a Muller especializados en cada partido xudicial
manterase un funcionario debido á urxencia e singularidade dos casos que
atenden. Do mesmo xeito, nos xulgados exclusivos nesta materia tanto na
Coruña como en Vigo, tamén seguirán traballando de forma presencial os
tres funcionarios que xa o viñan facendo ata agora.
No resto das
xurisdicións o persoal funcionario redúcese, de tal forma que nos
xulgados do Penal, haberá un por cada dúas fraccións e un auxilio para
todos eles; nos do contencioso-administrativo, Primeira instancia e
Social haberá dous traballadores en cada xurisdición; mentres que nos
especializados en Dereito de Familia acudirá un para todos os desta
categoría en cada partido xudicial.
Por outra banda, nos rexistros
civís exclusivos da Coruña e Vigo continuará o persoal actual pero
serán un menos no corpo de auxilio, ao mesmo tempo que se reforzará cun
funcionario de tramitación ou xestión máis para poder axilizar as
licenzas de enterramento. A redución de persoal dos servizos mínimos
levarase a cabo na medida do posible tamén nas Audiencias Provinciais.
Na
comisión de seguimento de hoxe púxose de manifesto ademais que nin o
Goberno galego nin o TSXG teñen constancia de ningún caso positivo de
COVID-19 entre os profesionais de Xustiza en Galicia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario