A COMUNIDADE DE MONTES VECIÑAIS EN MÁN COMÚN DE CAMPOSANCOS CELEBROU ASEMBLEA XERAL ORDINARIA
Está aberto o prazo para á renovación de xunta reitora
Vista parcial das persoas asistentes á asemblea xeral ordinaria da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Camposancos
Foto: C.MM.VV.M.C.de Camposancos
Foto: C.MM.VV.M.C.de Camposancos
Infogauda / Camposancos
O
pasado sábado 29 de febreiro de 2020, a Comunidade de Montes Veciñais
en Mán Común da parroquia de Camposancos, cuxa xunta reitora preside
José Fernando Martínez Martínez, celebrou asemblea xeral ordinaria.
Dun total de 192 comuneiros cos que conta á Comunidade de Montes de Camposancos, á referida asemblea asistiron 119, que aprobaron por unanimidade á acta da
sesión anterior, o estado económico e o orzamento para o exercicio 2020.
ORZAMENTOS ANO 2020
INGRESOS:
Alugueres: 29.700€; Antenas: 6.363€; Padroado: 9.000€; Subvencións: 20.000€; Venda de madeira: 3.000€.
Total: 68.063€
GASTOS:
Investimentos
no monte: 35.000€; Mantemento Casa da Comunidade: 6.800€; Actividades
culturais: 6.000€; Paletada: 5.000€; xestoría e seguros: 8.063€
Imprevistos: 7.200€
Total: 68.063€
Asemade,
acordaron á convocatoria de eleccións para á xunta reitora. Dese xeito,
o vindeiro día 4 de abril de 2020, ás 15:00 horas, en primeira
convocatoria, e ás 17:00 horas, sen segunda convocatoria, terá lugar na
Casa da Comunidade de Montes de Camposancos ás devanditas eleccións.
O
período electoral comprende desde o día 29 de febreiro ata o día 22 de
marzo, prazo no cal poderán presentarse ás candidaturas.
De
acordo co establecido, foron nomeados os membros da Mesa Electoral
(presidente, secretario e dous vogais). Desde ese momento quedou aberto o
prazo para á presentación de candidaturas á xunta reitora.
No punto 4º da orde do día, os comuneiros trataron sobre o Padroado Municipal Monte Santa Trega.
De
acordo co recollido na acta da asemblea xeral ordinaria do 29 de
febreiro de 2020, os membros da xunta reitora da Comunidade de Montes
Veciñais en Mán Común de Camposancos non están de acordo co
funcionamento do devandito Padroado Municipal. "Dende o noso punto de
vista este organismo é un atranco para o Monte Trega en vez de ser un
motor que o mellorara. O seu funcionamento é nefasto e soio nos da
problemas e moi escaso rendemento… Temos enriba da mesa unha proposta
que xa foi debatida e aprobada eiquí que por non sei que, non saiu
adiante e o tempo pasa e non se atisba que se vaia a solucionar a curto
prazo.
O
funcionamento do Padroado é totalmente anómalo e oscurantista. O
presidente fai e desfai sen dar explicacións. As reunións non se
celebran ca periodicidade que marcan os estatutos. Os orzamentos non se
presentan en tempo. A liquidación ídem de ídem.
Penso
personalmente ca experiencia que me da o levar muitos anos e ser un dos
impulsores del, que o ideal sería liquidalo e crear unha fundación. Os
donos do monte somos meros comparsas, si ben temos voz e voto, nas
reunións pola composición del e como si non a tivésemos. O grave
problema del é que é unha organización municipal en terreo privado, e
réxese polas normas de réxime local. Cada ano nos ingresan menos pola
cantidade a repartir habendo sido este ano 9.000€."
No punto 5º da orde do día (Solicitude de subvencións), á xunta reitora informou aos comuneiros do seguinte xeito: "Conseguimos tanto o ano pasado como este, unha da Deputación en colaboración co concello.
Estamos
traballando en dúas de Medio Ambiente que presentaremos a principios de
semana a solicitude. Para concursar a esta subvención pido se me
autorice como é preceptivo: permiso para solicitar axuda a Consellería
de Medio Rural para a execución das accións obxeto da solicitude".
A asemblea, por unanimidade, autorizou ao presidente da xunta reitora para levar a cabo esa solicitude.
No punto 6º, Convenios con Retegal, Retevisión e Fenosa (Capelu), o presidente da xunta reitora pediu "autorización
para chegar a acordos con sendas entidades para a cesión ou concesión,
segundo o caso, con estas empresas RETEGAL, GAS NATURAL-FENOSA e
RETEVISIÓN".
A asemblea aprobou a devandita autorización.
No punto 7º . (Admisión e baixas comuneros), a xunta reitora informou á asemblea ao respecto.
No punto 8º. Traballos realizados, a xunta reitora informou da súa xestión do seguinte xeito:
O
pasado día 20 deste mes fixo 4 anos que a directiva cesante nos
entregou a documentación e as chaves para que escomenzásemos a traballar
e abofé que puxemos todo o noso esforzo e ilusión para non defraudar a
gran maioría que nos déstedes o voso apoio.
Había
muito traballo por facer e non escatimamos tempo nis esforzos e incluso
antes de tomar posesión xa nos estábamos reunindo o día 3 de febreiro
no Bar Aquilino, para organizarnos repartir os cargos e estudiar por
onde comezar a traballar.
O día 11 do mesmo mes voltamos ao mesmo lugar onde acordamos:
1º
Asinar o convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o
Concello-Padroado para o desenvolvemento do protocolo xeral para a posta
en valor do xacemento de Mergelina no Trega, que aprobamos con a
salvedede do artigo C3 sobre participación da comunidade nos gastos.
Posteriormente
asinamos outro para unha actuación no Concheiro e Porta Sur. Entre
ambas actuacións superaron o millon de euros. Queda por realizar a
musealización a cargo de Fomento do Goberno de España.
2º Presentamos en conxunto coa Comunidade de Montes de A Guarda, unha proposta de subir a taxa de acceso en vehículo o Trega.
3º
Legalizamos a situación da empregada da limpeza o antes posible
facéndolle un contrato laboral por horas, para non correr riscos
innecesarios.
4º Estudiar co avogado a demanda da C.MM.VV.M.C. de Salcidos.
O 15 do mesmo mes de febreiro, esta vez reunímonos na casa de Bieito e Lucía.
1º
Valoramos os estragos causados polo temporal no parque da Finca do
Crego. Consultamos con Iris si estarían cubertos por un seguro e nos
contesta que non o sabe, que o preguntemos na correduría de seguros.
2º
Acordamos, despois de habernos reunido co director da recuperación [do
poboado] de Mergelina D. Rafael Rodríguez, que nos propuxo que
deforestásemos de acacias a parte inferior do poboado para darlle maior
explendor. Decidimos que tan pronto como nos entreguen o cargo
contrataremos personal e nos poremos a iso de inmediato e así o
fixemos.
3º Propuxemos no Padroado unha nova vía de financiamento para as comunidades de montes.
4º A proposta de Juan Carlos González creouse un obradoiro de teatro.
O
20 de febreiro a xunta saínte fíxonos a entrega e tomamos posesión
efectiva dos cargos. Logo pouco a pouco fomos decatándonos de como
estaban as cousas, por exemplo:
-Esta
Casa estaba sin licenza de primeira actividade. Tivemos que facer
certas reformas que si se hubese dado de alta ao remate das obras non
serían necesarias, tales como unha porta inífuga no garaxe, cristais nos
pasamans, wc adaptado, etc., e negociar co alcalde para que nos eximira
de pagar o IBI, e conseguímolo.
-Antes algún quiosco moroso tiña débedas e xa o primeiro mes, que solucionamos con diálogo.
-Tamén lle comentamos a Iris que botamos en falla unha desbrozadora e unha caixa de ferramentas.
-Pasado
un tempo nos decatamos que o Hotel Pazo, tamén por un erro admistrativo
da xestoría, arrastraba unha débeda de 3.000€ que unha vez llo
notificamos abonaron sen alegacións.
-
Tamén nos decatamos de que o Padroado non pagara os 18.700€ que lle
correspondía ingresar pola porcentaxe da subida do ano 2015. Este tema
deu muito traballo e discusións para solucionarse, pero o final pagaron.
(Inversión nos vestiarios de Chans). Non chegou ese diñeiro e o puxemos
dos fondos da comunidade.
-5º
O monte estaba nun estado de cáseque total abandono e o primeiro que
fixemos foi contratar obreiros en paro para poñer o monte como se
merece, e escomenzamos os traballos polos sendeiros que estaban pechados
de maleza, totalmente intransitables e incluso perdidos. Foi o primeiro
que fixemos abríndoos todos e sinalizámolos.
-Decatámonos que o depóito de auga de Chans estaba roto por haberlle
pasado por enriba un tractor. Agustín Mora fíxose cargo de arranxalo.
- Tamén en lugares estratéxicos colocamos bancos artesanais feitos de troncos de eucaliptos.
- Eliminamos centos de eucaliptos e milleiros de acacias na aba Leste do monte (Chans).
-
E plantamos 4.000 árbores frondosas: castiñeiros, nogueiras, cerdeiras,
carballos, avellanos, oliveiras, sobreiras, aciñeiras, abruñeiros,
madroños, etc, co fin de que haxa variedade. Nos traballos de plantación
participaron todos os colexios do concello.
-Da
zona baixo o campo de Chans ata a Sangriña e de aí o Aloque de Sáa,
deforestamos o 70%. Esa zona era un bosque impenetrable, e para ese
lugar temos redactado un proxecto para que sexa no futuro un pequeno
parque botánico para o que temos solicitada unha subvención en AGADER.
-6º
Casa Forestal, en ruinas. O equipo tecnico do concello ofreceuse a
redactarnos un proxecto valorizado e o alcalde non deu autorización,
alegando que estaban mui ocupados. Llo encargamos a Mauro Lomba que no
lo redatou gratis. O custe estimado da recuperación, segundo este
anteproxecto, é de 200.000€. Negociamos este tema con Anxo Lorenzo, o
segundo do conselleiro de Cultura, e prometeu unha axuda de 100.000€ que
por ahora non chegaron. O convenio de cesión remata en dous, tres anos,
e teremos que esixir nos entreguen a casa alomenos nas mesmas
condicións en que lla entregamos.
-7º Hotel Pazo. Xa sabedes que fixemos unha concesión.
-8º
Recentemente, repasando os libros de actas atopámonos que ou ben falta
un libro de actas de asembleas xerais ou éstas non foron transcritas. O
certo é que seguindo a lectura das actas de xunta reitora tería que
haber acta dunha suposta reunión o día 11 de marzo 2006, outra de 24 de
marzo 2007, outra de 11 de decembro de 2007. Tamen na de 30 de enero
2008 se fai mención a que será a fins de febreiro a asemblea xeral, e
por último, así mesmo falta á de 7 de marzo de 2009. Tamen hai unha
serie de actas de xunta reitora sen asinar.
-9º
A Paletada. Sobre este tema hai muita tela que cortar e si ben o
tivemos calado, eu personalmente penso que debo dar o tema a saber:
2015: pagáronse 222 platos a 22,45€ e 28 platos a 10€. Total pratos pagados 250. Resulta que se venderon 158 tikes. Serán 250€
-10º
Contratamos a empresa José e Manuel para levantar 8 metros de muro no
Campo de Chans que derrubou o temporal. Reparamos os vestiarios do campo
con personal propio e un autónomo.
-Temos
un anteproxecto para o campamento xuvenil que pretendemos crear. Este
anteproxecto redáctoo o equipo tecnico do concello. Para isto si deu
autorización o Sr. alcalde.
-11º
O día 3 de febreiro contratamos a cinco obreiros para deforestar, como
ordena a lei, os 50 metros de seguridade con as edificacións do monte e a
estrada. Para este traballo temos unha subvención da Deputación en
colaboración co concello.
-12º
Plan de usos do monte. Obligatorio para o 2018 e que se prorrogou o
2022. A anterior xunta reitora tiña un orzamento para elaboralo de
18.000€ Nós contratamos a un tecnico (Félix) a tempo parcial e ao mesmo
tempo que facía o proxecto do “Plan de usos”, dirixíanos os traballos a
realizar e facíanos os proxectos a presentar para concursar a
subvencións (Parque botanico,diversas plantacións,...), e dirixia aos
operarios e aconsellou nas árbores idóneas para a zona a repoboar. Si
valoramos custes seguro que non chega os 7.000€ e con o valor engadido.
Nunha reunión cos técnicos de Patrimonio da Xunta de Galicia dixéronnos
que ningún plan pasa a primeira, e o plan de Félix si pasou a criba de
Patrimonio. Estamos a espera do visto bó de Medio ambente que sin dubida
está a caer.
-13º
Tal como informamos antes imos solicitar outra subvención da
consellería de Medio Ambiente para o arrincado de acacias e desbroze. Si
nola conceden, este traballo temos que darllo a facer a unha empresa
externa por imperativo das bases que esixe a Xunta de Galicia. Pensamos
que interesa.
-14
Cultura: Festa Castrexa, Festa da Historia, Ciclo de Cinema, Natal con
Cantares do Brueiro, conferencias, Letras Galegas, Homenaxe o Padre
Merino. Convención mundial do Peixe espada (OR.PA.GU.), proxección do
Memorial de Camposancos, teatro, andainas, Música e Palabras,
exposicións varias, presentación de libros, distintas actuacións
músicais, jazz, música tradicional, zumba, acordeóns,...
Ningún comentario:
Publicar un comentario