“O BNG da Guarda desinforma a cidadanía co obxectivo de descalificar ao alcalde e ao equipo de goberno”
Antonio Lomba Baz, alcalde do Concello de A Guarda
Foto: C.A.G.
Infogauda / A Guarda
O executivo municipal do Concello de A Guarda, que preside o alcalde Antonio Lomba Baz, ven de enviar á Redacción deste xornal dixital transfronteirizo, un comunicado de prensa - adxuntando unha fotografía do devandito edil - cuxo titular e contido reproducimos íntegramente, e no que di o seguinte:
“Nos últimos tempos o BNG guardés difundiu noticias que, dado que non se pode demostrar a súa veracidade, máis parecen orientadas a descalificar ao goberno municipal que a informar aos cidadáns.
Fai uns días o BNG da Guarda difundía unha noticia sobre o peche das oficinas do ISM e a Capitanía Marítima desmentidas polos propios representantes das institucións. Resulta chamativo que nos seus comunicados, os nacionalistas, non facían referencia as súas fontes de información.
A vez que se publicaba a noticia sobre o peche das oficinas nos medios, o BNG tamén remitía informacións sobre a urbanización da rúa San Queitano que nada teñen que ver coa realidade.
A demanda do BNG respecto a esta rúa no seu momento foi, literalmente: “inclusión do arranxo da Rúa San Caetano na partida correspondente do Plan Concellos da Deputación”. O equipo de goberno municipal, consciente das necesidades da rúa, encargou un proxecto de urbanización por fases entre os números 2 ao 42. Proxecto polo que o portavoz do BNG non se preocupou cando tivo responsabilidades de goberno como concelleiro de Mobilidade. Parece claro que lle resulta máis facil desacreditar o traballo do goberno municipal falseando informacións.
O proxecto da rúa San Queitano atópase no concello a disposición de calquera persoa que queira consultalo, por suposto tamén a disposición dos grupos políticos que o soliciten. Ademais este proxecto tamén se pode consultar no portal de transparencia da sede electrónica do concello. O documento contempla a urbanización da rúa coa reposición dos servizos de auga e saneamento, preinstalación da rede de abastecemento eléctrico e de telecomunicacións, a pavimentación en formigón cunha rígola central en pedra e a recollida e canalización das augas pluviais. Iso si, respectando sempre o Plan Xeral.
O Equipo de Goberno informou no pleno, a toda a corporación incluído ao portavoz do BNG, do retranqueo e arranxo de dous muros. O concello negociou estas cesións cos veciños, aos que hai que agradecer a súa colaboración desinteresada. Desta maneira pódense cumplir as alineacións marcadas no Plan Xeral sin custo adicional para o pobo da Guarda.
Non é de recibo que unha formación política utilice a mentira e a desinformación e incluso a invención, para descalificar ao goberno municipal e alporizar aos veciños. Pero, por siacaso foi ignorancia, os responsables municipais instan ao portavoz do BNG a que cando non sabe algo, o pregunte”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario