11 de mar. de 2020

A GUARDA

Suspendida a visita cultural a Póvoa de Varzim e Vila do Conde

Como medida preventiva fronte ao COVID-19


 Infogauda / A Guarda

 Como medida preventiva fronte ao COVID-19, o Concello de A Guarda e o Club da Terceira Idade e Pensionistas de A Guarda, veñen de comunicar a suspensión da saída cultural que estaba prevista para o sábado 4 de abril a Póvoa de Varzim e Vila do Conde.

 “Seguindo as recomendacións marcadas en canto a viaxes e poboación de risco, decidiuse suspender esta actividade, para o Concello da Guarda o importante son as persoas e a saúde”, sinalaron fontes do Grupo Municipal de Goberno.

Ningún comentario:

Publicar un comentario