10 de mar. de 2020

A GUARDA

MANIFESTACIÓN  EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA 

· O sábado día 14 de marzo, ás 12:00 horas, desde á Praza do Reló 

· Convocada pola Plataforma en defensa da Sanidade Pública da Guarda

Vista parcial das persoas concentradas diante do Centro de Saúde de A Guarda en demanda de maior dotación de persoal facultativo e de medios materiais



Infogauda / A Guarda

 A Plataforma en defensa da Sanidade Pública da Guarda, convoca a todo o vecindario a sumarse á manifestación en defensa da sanidade pública que se celebrará o próximo sábado 14 de marzo ás 12 da mañá desde a praza do Reló.  

 Ademáis de denunciaren o  deterioro da atención primaria e o desmantelamento progresivo dos hospitais públicos, así como unhas listas de espera inaceptábeis, a Plataforma en defensa da Sanidade Pública na Guarda, sinala como unha das súas reivindicacións centrais que se dote o PAC da Guarda dun doble equipo médico para urxencias e dunha ambulancia medicalizada.  


 Argumentan desde a Plataforma que son numerosas as veces que o PAC queda sen persoal sanitario por ter que desprazarse este  a domicilios que nalgúns casos quedan a máis de 50 minutos. Desde o PAC da Guarda aténdese tamén aos habitantes dos  Concellos de Oia e O Rosal.   

 O persoal sanitario da Guarda, leva meses concentrándose todos os xoves diante do centro de saúde. A esta mobilización teñense  sumado moitas persoas usuarias do servizo de saúde. Temos un exemplo moi recente de como a resposta social conseguíu que a Xunta de Galiza tivera que dar marcha atrás no intento de suprimir o paritorio de Verín. Coa manifestación do día 14 queremos dar un salto importante na reivindicación dunha sanidade pública de calidade e animamos a toda a sociedade a participar nela.

Ningún comentario:

Publicar un comentario