O BNG fai público que delega no alcalde as competencias para evitar que se perda outra subvención de 735.000 euros
Anxo Lois Baz Vicente, portavoz municipal do BNG: “(...) Non podemos permitir que a A Guarda se quede fóra dunha medida que aforraría as arcas municipais máis de 53.000 euros anuais no alumeado público e mellorar a calidade do alumeado que necesita a veciñanza, pola irresponsabilidade do alcalde e goberno municipal do PSOE”
Anxo Lois Baz Vicente, portavoz municipal do BNG: “(...) Non podemos permitir que a A Guarda se quede fóra dunha medida que aforraría as arcas municipais máis de 53.000 euros anuais no alumeado público e mellorar a calidade do alumeado que necesita a veciñanza, pola irresponsabilidade do alcalde e goberno municipal do PSOE”
Grupo Municipal do BNG no Concello de A Guarda
Infogauda / A Guarda
O Grupo Municipal do BNG no Concello de A Guarda, ven de relembrar que “o pasado 25 de setembro foille concedida ao Concello da Guarda unha subvención para a renovación do alumeado público do concello. Esta subvención permitirá a substitución das vellas bombillas por luminarias LED, moito máis eficientes e que implican un aforro enerxético considerábel e polo tanto un aforro económico moi importante para todas e todos os guardeses”.
“O goberno do PSOE, despois de virlle concedida a subvención, tardou - segundo denuncian os nacionalistas - dous meses e medio en iniciar os trámites que lle permiten poder acollerse a ela. A consecuencia deste retraso na elaboración do proxecto que ten que presentar agora o Concello é que, si o pleno non delega agora no alcalde o inicio do proceso, perderíase a subvención de 735.000 euros, pola irresponsabilidade do alcalde por non presentala dentro dos prazos marcados”.
O portavoz municipal do BNG, Anxo Lois Baz Vicente, afirmou no día de hoxe, martes 10 de marzo de 2020: “Dende o BNG imos facer o posíbel para que o Concello da Guarda chegue a tempo para iniciar os tramites desta subvención, aínda que teñamos que renunciar as nosas competencias. Non podemos permitir que a A Guarda se quede fóra dunha medida que aforraría as arcas municipais máis de 53.000 euros anuais no alumeado público e mellorar a calidade do alumeado que necesita a veciñanza, pola irresponsabilidade do alcalde e goberno municipal do PSOE”.
O concelleiro nacionalista, Xosé Manuel Méndez Díaz, delegado para intervir neste asunto no pleno manifestou que "o alcalde, en lugar de estar a traballar para non perder a subvención e ter encargado o proxecto, andaba máis preocupado en evitar que o BNG resolvese os problemas da veciñanza da Guarda e a xogar, de noite, cambiando sinais e entorpecendo o traballo do BNG."
Ningún comentario:
Publicar un comentario