10 de mar. de 2020

A GUARDA

O Concello aforrará un 30% do consumo no alumeado público 

• O Pleno da Guarda aprobou por unanimidade o proxecto para a renovación do alumeado público para acceder a unha subvención do IDAE 

Punto de alumeado público dotado de dispositivo LED de baixo consumo, nunha rúa da vila guardesa
Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 Na sesión extraordinaria do Pleno da Corporación Municipal do Concello de A Guarda, celebrada este martes día 10 de marzo de 2020 foi aprobado por unanimidade o proxecto para a renovación do alumeado público do Concello de A Guarda, que permitirá modernizar ás instalacións de iluminación e sinalización exterior, por importe de 862.497,91 euros (IVE engadido)

 Desde o executivo municipal que preside o alcalde Antonio Lomba Baz, fíxose á seguinte valoración:Esta actuación, que permitirá que a totalidade da vila estea alumeada con dispositivos LED de baixo consumo, é posible gracias as xestións do equipo de goberno, que conseguiu acceder a unha subvención do Instituto para la Diversificación y Ahorro de  la Energía (IDAE) para proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono. A axuda europea procede do programa operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020

 Do total do custe do proxecto un 80%,  será aportado polo IDAE e o 20% restante polo Concello da Guarda. 

 Coa aprobación plenaria de hoxe iníciase un procedemento aberto para a contratación administrativa destas obras que suporán reducir o consumo do alumeado público na Guarda en, alomenos, un 30%, e que permitirá regular os niveis de iluminación segundo diferentes horarios nocturnos e tipos de vías, axustándose ás necesidades dos cidadáns

 Segundo indica o Grupo Municipal de Goberno esta actuación representa un beneficio tanto dende punto de vista do aforro económico como medioambiental, gracias a redución no consumo enerxético que representa. O equipo de goberno guardés manifesta así a súa aposta polo aforro enerxético e a súa implicación e responsabilidade en medidas orientadas a frear o cambio climático. 

 Este proxecto compleméntase con outro subvencionado a través da Deputación de Pontevedra, valorado en 100.000 €, que contempla o cambio de luminarias a LED en diversas rúas da Guarda, no Monte Santa Trega e na Fortaleza de Santa Cruz.

Ningún comentario:

Publicar un comentario