18 de feb. de 2020

TOMIÑO

Bases reguladoras para a adxudicación, mediante sorteo público, de autorizacións para instalar novos postos de venda ambulante 

O Concello convida a consultar os modelos de solicitude do posto, declaración de responsabilidade, autorización para un representante e plano 



Infogauda / Tomiño

 O Concello de Tomiño vén de publicar na súa páxina web as Bases para regular o procedemento de adxudicación, mediante sorteo público, da autorización municipal necesaria para a ocupación do dominio público con destino á instalación de cinco 5 postos de venda ambulante desmontables, no Mercado Ambulante de Tomiño. 

 O Concello de Tomiño informa que as autorizacións administrativas para a instalación de postos de venda ambulante concederanse exclusivamente no mercado municipal periódico, recoñecido no artigo 8 da Ordenanza, que se celebra todos os mércores de cada mes en Seixo-Tomiño.  

 Nos seguintes enlaces, facilitados polo Concello de Tomiño, poden consultarse o texto completo das bases reguladoras, os modelos de solicitude para o posto, o modelo de declaración de responsabilidade de cumplir cos requisitos, a autorización para un representante no procedemento e no sorteo, e o plano do mercadiño dos mércores no Seixo. 




Ningún comentario:

Publicar un comentario